TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 40 de 88 resultados
Resultados por páxina

A illa de Ons

Descrición da xeografía, historia, veciños,festas, supertizóns, lendas e contos da illa de Ons.

Ler máis

A new and relict species for the Iberian Peninsula, with an enigmatic distribution: Hyles tithymali gallaeci subspec. nov. from the atlantic islands and coasts of Galicia Region (NW. Spain)

Aínda que diversos autores inclúen dentro da distribución de Hyles euphorbiae ( linnaeuS, 1758) a totalidade de Galicia ( NW. España), a realidade é que nesta rexión, sorpredentemente, só existe un taxón do grupo tithymali BoiSduval o cal substitúe a Hyles euphorbiae ( linnaeuS, 1758). Estúdase a morfoloxía do anterior taxón, non moi ben coñecida, de Galicia (distribución: illas atlánticas e costas continentais; taxón común, poboación abundante). As larvas, que mostran un rango de variación na súa banda lateral similar ás larvas das tres subspecies de Hyles tithymali ( BoiSduval, 1834) existentes en Macaronesia (illas Canarias e de Madeira) e de Hyles tithymali deserticola ( STaudinGeR, 1901), diferéncianse das anteriores subespecies principalmente na combinación dos seguintes caracteres: a).- nas larvas ( L5), no 86,5% delas, os ocelos subdorsales (de cor vermella-rosa ou branco) teñen os bordos negros abertos (zona sen bordo negro) na zona que apunta á cabeza da oruga e ao redor do 25% das larvas teñen a fila de ocelos dorso laterais conectados por unha liña definida amarelada (manchada internamente con zonas de varios tons entre o vermello, rosa e laranxa); b).- os adultos (banda mediana das ás anteriores normalmente manchada de rosa; cor de fondo de ás e corpo de cor oliva claro) son diferentes dos imagos das subespecies máis próximas xeograficamente (África e illas Canarias de Madeira), pero parecidos a algúns exemplares de Hyles tithymali sammuti eiTSchBeRGeR, danneR & SuRholT, 1998 da illa de Malta. Como resultado da comparación desta poboación con outras subespecies do grupo tithymali, en cuxo grupo se inclúe debido principalmente á súa morfoloxía larval (un estudo molecular sería moi necesario para determinar a súa relación filogenética), indican que a poboación deste novo taxón de Galicia é unha subespecie válida: descríbese Hyles tithymali gallaeci subspec. nov

Ler máis

Algas superiores de las rías bajas gallegas

Os estudos sobre as algas " superiores" (no sentido de algas non planctónicas e exceptuando as diatomeas) nas rías baixas galegas eran practicamente descoñecidos en datas anteriores a 1928, en que G. Hamel fai unha primeira exploración que abarcou desde Pontevedra á Garda. En 1934, G. MIrando realiza unha serie de dragaxes en distintos puntos da ría de Pontevedra que o levan ó achádego de especies de profundidade, non atopadas ata entón nas nosas costas. Reanudados actualmente estes estudos, concentrados de momento na parte sur da ría de Vigo, cremos oportuno dar a coñecer unha relación de tódala flora na que figuren tanto as especies citadas por Hamel ou Miranda como as atopadas agora por primeira vez (sinaladas con asterisco), para que esta nota preliminar sexa o catálogo das especies actualmente coñecidas nestas rías. Tamén foi aproveitado material recollido en 1952 polo doutor Margalef, que , co noso, se conserva no Instituto de Investigacións Pesqueiras (Laboratorio de Vigo). O número de especies coñecidas é de 231, das cales 35 son citadas por primeira vez neste traballo: o resto xa foron sinaladas por Hamel ou Miranda (no tivemo-la fortuna de atoparmos algunhas destas).

Ler máis

Análise florístico e dasométrico das formacións arbóreas exóticas do PNMTIAG.

Os traballos realizados cumpren os seguintes obxetivos: -Avaliar os cambios da paisaxe forestal do arquipélago das Illas Cíes a partir da información bibliográfica dispoñible. -Determinar as características dasométricas, florísticas e fitosanitarias das plantacións forestais e louredais da Illa de Cortegada. -Análise florístico doutras formacións autóctonas e exóticas de interese.

Ler máis

Anfibios y reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia. Faunística, biología y conservación.

Ler máis

Avaliación dos diferentes fondos da cara oriental do Parque Natural das Illas Cíes

O estudio pretende ser un primeiro achegamento ás case descoñecidas comunidades de organismos que habitan no sublitoral do Parque Natural das Illas Cíes. As mostraxes lévanse a cabo mediante a inmersión de dous mergulladores con escafandra autónoma. Este xeito de mostraxe permite obter un coñecemento visual directo e global de toda a paisaxe submariña, tanto do substrato como da columna de auga. Por outra banda, minimízase o impacto producido sobre os ecosistemas, o que está en concordancia coa filosofía de traballo de investigación dentro dunha zona con protección. A fotografía submariña foi un método de mostraxe complementario usado en tódalas inmersións. Realizáronse fotografías xerais do fondo, co que se obtiveron rexistros da paisaxe (tipo de sedimento, estruturas sedimentarias, cobertura algal, etc.). Tomáronse tamén fotografías ó longo dos transectos para complementar as observacións. Por último este método foi decisivo para a identificación de organismos dificilmente mostrexables ou co fin de evitar unha recollida innecesaria de mostras en casos determinados.

Ler máis

Bactrospora carneopallida, new to Europe.

Ler máis

Biodegradación anaerobia de residuos de petróleo por bacterias sulfatorreductoras y biodiverisidad en la eliminación microbiana de crudo en sedimentos marinos.

O proxecto propón o emprego de organismos anaerobios autóctonos para a recuperación de sedimentos mariños contaminados con residuos de petróleo. O traballo centrouse nunha zona de Galicia contaminade con fuel tras o afundimento do Prestige.

Ler máis

Calidad del hábitat en espacios periféricos: ¿son las islas atlánticas un hábitat sumidero?

É xeralmente asumido que os bordes de áreas de distribución das especies silvestres poden funcionar como hábitats sumidero, onde os individuos atopan dificultades en sobrevivir e reproducirse, e nos que os efectivos poboacionais proceden da inmigración dende áreas fonte. Neste proxecto demóstrase que na Illa de Ons, como hábitat periférico, este modelo non funciona, polo menos para as catro especies obxecto de estudio (Aves: Fringillidae), e que o éxito das poboacións insulares, en termos de densidade de poboación, taxa de inxestión e condición corporal individuais, depende da calidade de hábitat, asociada á satisfacción dos requirimentos básicos de cada especie e non ó efecto da localización periférica.

Ler máis

Campaña contra plagas forestales en el año 2011

Ler máis

Características ecológicas, evolutivas y estado de conservación de los anfibios del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (NO da Península Ibérica) está constituido por catro arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, formados durante o Holoceno, posteriormente ó último periodo glacial (fai 8000-9000 anos). Coa formación das illas, tres especies de anfibios (Salamandra salamandra, Lissotriton boscai e Discoglossus galganoi) permaneceron illadas das poboacións costeiras máis próximas. Esta recente insularidade das poboacións de anfibios proporciona una boa oportunidade para estudia-los procesos evolutivos particulares que ocorren nas illas, caracterizar xenética e morfológicamente as pobpacións insulares e determina-las presións antrópicas locales que ameazan a persistencia dos anfibios nestas pequenas poboacións prósimas á costa. Neste artígo resumimo-los resultados e conclusións do traballo realizado durante 2004-2006, co objectivo de: i) determina-lo estado das poboacións de anfibios nas illas atlánticas; ii) levar a cabo análises filoxenéticas das poboacións vivíparas insulares e poboacións vivíparas e ovovivíparas de interior para coñece-la orixe do viviparismo nas píntegas do Parque Nacional; iii) caracterizar mediante análises morfolóxicas e xenéticas as poboacións insulares, comparándoas con poboacións de interior e iv) indica-las principais ameazas dos anfibios, posiblemente responsables de anteriores extincións nas illas. Señalamos así mesmo as accións prioritarias necesarias para evitar ou minimiza-las ameazas locais e mante-las poboacións de anfibios insulares no futuro.

Ler máis

Caracterización de las algas del intermareal de la isla de Cortegada

A illa de Cortegada, pertencente ó Arquipélago de Cortegada e incluída no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, atópase situada na zona interna da ría de Arousa, fronte da parroquia de Santiago de Carril (Fig.1), pertencente ó concello de Villagarcía de Arousa. A súa situación no interior da ría xusto na desembocadura do río Ulla, fai que a illa estea protexida da ondaxe do océano e presenten un relevo suave (a cota máxima chega ós 18m), onde se intercalan afloramentos rochosos, de relevo baixo, con zonas sedimentarias. Aparecen deste xeito poboacións de algas de zonas protexidas e semiexpostas, que soportan salinidades baixas. Atopáronse antecedentes da presenza das seguintes especies de algas no intermareal da illa de Cortegada: Ascophyllum nodosum, Fucus serratus, Fucus spiralis, Chondracanthus acicularis, Chaetomorpha sp. As marxes Leste e Norte da illa de Cortegada son zona de marisqueo, onde hai bancos marisqueiros, zonas de libre marisqueo e parques de cultivo (Fig. 2), polo que as poboacións de algas desta zona son alteradas para levar a cabo estas actividades. A inexistencia de información cartográfica de vexetación intermareal actual da illa de Cortegada te sido o punto de partida deste traballo: a elaboración dunha cartografía básica a partir de inspeccións visuais e fotointerpretación, empregando un Sistema de Posicionamiento Global (GPS).

Ler máis

Cartografado de especies invasoras no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG)

Ponse a punto un algoritmo automatizado para a estima de abundancia dunha especie invasora (Zantedeschia aethiopica, cala) a partir de ortomosaicos obtidos por medio dun dron ou RPAs na illa de Sálvora. Compróbase a taxa de éxito do algoritmo a partir dun voo realizado en 2018 e de censos levados a cabo en campo en 54 parcelas por toda a illa e estímase a abundancia en tres áreas da illa en 2020.

Ler máis

Catálogo florístico del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas

Neste traballo elaborase o catálogo da flora vascular do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a revisión das citas bibliográficas e a exploración do territorio. O catálogo foi dividido en pteridófitos, gimnospermas e anxiospermas, aportando para cada taxon tódalas citas que foron publicadas ata o momento e aportando citas ata agora inéditas no conxunto do Parque Nacional. O catálogo está conformado por 981 taxons e recolléronse citas dende 1905, cando o Padre Baltasar Merino publicou o primeiro tomo da “Flora descriptiva e ilustrada de Galicia”. Tras unha profunda análise do catálogo realízase unha valoración da flora de interese, estudando aqueles taxons recollidos en catálogos ou listados de flora ameazada ou aqueles que sen o estaren teñen valor para a conservación nas illas do parque. Estes taxons foron sometidos a unha valoración mediante o método PriCon, de prioridade de conservación, método obxectivo que valora e prioriza especies e poboacións para a súa conservación. Para esta valoración tivéronse en conta as variables: ameaza, distribución restrinxida, rareza, responsabilidade, protección autonómica, protección nacional, protección internacional, fraxilidade ecolóxica e interese local. Para os taxons que resultaron de interese elaborouse unha relación cos lugares de distribución natural da especie. Dado o grao de peligrosidade que representan as especies exóticas invasoras, segunda causa mundial de perda de biodiversidade e por encontrarnos nun espacio natural protexido, elaborouse un capítulo específico relativo a esta flora. Este capítulo inclúe tódolos taxons presentes no Parque Nacional que non son autóctonos no mesmo, analizando o seu grado de amenaza, posible vía de introdución e a súa procedencia. O dato que se deduce deste apartado é alarmante, ya que o 29,5 % dos taxons atopados no conxunto do Parque Nacional son exóticos (289 taxons).

Ler máis

Censo de la población nidificante y primeros datos sobre fenología de la reproducción del cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis) en las Islas Cíes

Realizouse un censo da colonia de reprodución de corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis) no arquipélago das Illas Cíes, estimándose a poboación nidificante mediante un cálculo directo dos niños presentes. Cartografouse a área ocupada pola colonia a escala 1:10000, incluíndose tamén datos acerca da selección de hábitat de nidificación desta especie nas Cíes. Finalmente, a información fornecida por parcelas de mostraxe, xunto con datos obtidos durante o censo, permítennos adiantar algúns parámetros sobre a bioloxía da reprodución desta especie.

Ler máis

Changes in plasma biochemistry and body mass during incubation in the Yellow-legged Gull

The “Incubatory Reserves Constancy” hypothesis asserts that incubation could be a departure from breeding stress that allows for the maintenance or recovery of body reserves after laying effort (females) or territory defense (males) in those species with bi-parental incubation such as gulls. The plasma composition and body mass of incubating Yellow-legged Gulls ( Larus cachinnans ) were analyzed and related to the number of days after egg-laying. Female gulls showed an increase in uric acid and cholesterol levels, whereas males showed only an increase in uric acid values throughout this period. Moreover, females increased while males maintained their body masses. These results could reflect a recovery process after the laying effort supporting the Incubatory Reserves Constancy hypothesis in females. Uric acid and urea levels are positively correlated to body condition in Yellow-legged Gulls, which could be the result of a change in diet composition. This disagrees with recent findings on body composition in incubating gulls and could be related to variations in food availability among populations or years, and could reflect flexibility in the investment devoted by each sex.

Ler máis

Contribución al conocimiento de la herpetofauna de las islas de Galicia: Inventario faunístico y notas sobre la ecología y morfología de algunas poblaciones.

En el presente artículo se realiza un inventario de las especies de anfibios y reptiles presentes en las islas de Galicia. También se presentan algunos datos sobre la ecología y la morfología de algunas poblaciones insulares de estas especies. La herpetofauna de las islas gallegas está compuesta por tres especies de Urodelos, siete de Anuros, siete de Saurios y cuatro de Ofidios. Las especies más ampliamente distribuidas en las islas de la costa de Galicia son las lagartijas del género Podareis. Por otro lado, las especies de anfibios son las que tienen una distribución más restringida, no habitando más que las islas de mayor tamaño, con la excepción de algunas poblaciones de Salamandra salamandra, que viven en pequeños islotes.

Ler máis

Datos para el estudio de la flora gallega. Plantas de las Islas Cíes.

Descrición dos elementos vexetais dominantes das illas Cíes, así como as súas máis frecuentes asociacións e lista ou catálogo das plantas observadas.

Ler máis

Desplazamientos de la Gaviota Patiamarilla Larus cachinnans en poblaciones del norte de la Península Ibérica.

Analízanse todas as recuperacións dispoñibles de gaivotas patiamarela aneladas como polos que concirnen ao Atlántico norte español (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco), e compáranse coas recuperacións de aves aneladas na provincia de Xirona. As gaivotas patiamarelas das colonias do Atlántico norte español non parecen realizar desprazamentos de carácter migratorio, recuperándose a maioría das aves a menos de 100 km da colonia natal, situación que contrasta co claro comportamento migratorio das patiamarelas de Mediterráneo occidental. Nas poboacións do Atlántico atopáronse diferenzas significativas entre clases de idade nas distancias á colonia natal, correspondendo os maiores desprazamentos ás aves inmaturas. Pola contra, os datos da provincia de Xirona non parecen indicar a existencia de tales diferenzas. En ambos os casos obsérvase un marcado ciclo estacional, aínda que as menores distancias á colonia de anelamento prodúcense entre maio e setembro no Atlántico, mentres que en Xirona este período ten lugar entre marzo e xuño. Por outra banda, os resultados suxiren que as gaivotas do Atlántico norte español constitúen unha poboación pechada, sen apenas relacións con outras poboacións de L. cachinnans.

Ler máis

Differential effects of specific carotenoids on oxidative damage and immune response of gull chicks

Micronutrients are essential for normal metabolic processes during early development. Specifically, it has been suggested that dietderived carotenoids can play a key role in physiological functions because of their antioxidant and immunostimulant properties. However, their role as antioxidants remains controversial. Additionally, it is also unclear whether oxidative stress mediates their immunostimulatory effects. In this field study, we separately supplemented yellow-legged gull (Larus michahellis) chicks with two carotenoids (lutein and β-carotene) with different molecular structures and different transformation pathways into other oxidative forms of carotenoids. We quantified their effect on the oxidative status and the immune response of chicks before and after an oxidative challenge with paraquat, a pro-oxidant molecule. Prior to oxidative challenge, none of the carotenoid treatments affected the oxidative status of chicks, but they enhanced the inflammatory response to an antigen compared with controls. The oxidative challenge enhanced plasma vitamin E levels (but not in β-carotene-supplemented chicks) and the antioxidant capacity in the short term. Interestingly, luteinsupplemented chicks showed lower oxidative damage to proteins than non-lutein-supplemented chicks. After the oxidative challenge, the positive effect of carotenoid supplementation on the immune response disappeared. Thus, these results suggest differential effects of two carotenoids with different molecular structures on the oxidative status. Lutein but not β-carotene helps to combat oxidative damage after a free-radical exposure. Additionally, the results indicate that the immunostimulatory effects of carotenoids are linked to oxidative status during early life.

Ler máis

Dinámica da rata negra (Rattus rattus) nas Illas Cíes

Tras unha breve introducción sobre as invasiones biolóxicas de illas por ratas, a chegada da rata negra ás nosas costas e as características ecológicas da rata negra, Rattus rattus, dase conta da evolución da abundancia da rata negra na illa de Monteagudo dende 1998 ata 2018. Para isto combínanse os resultados das últimas estimas levadas a cabo por eNeBaDa para o PNMTIAG cos resultados doutros traballos previos realizados por 1) o grupo de investigación de Luis Santamaría no marco dun proxecto de investigación sobre os complexos de invasión financiado polo OAPN e 2) o equipo da empresa XESTEC sobre a dinámica anual da rata negra nestas illas.

Ler máis

Distribution of perfluorinated compounds in Yellow-legged gull eggs (Larus michahellis) from the Iberian Peninsula

This study is aimed to evaluate the presence and distribution of Perfluorinated Compounds (PFCs) in Yellowlegged gull eggs (Larus michahellis) collected from 8 National or Natural Parks from the Iberian Peninsula. In each colony, 12 eggs were randomly collected and pooled from 3 areas of the colony and analyzed using liquid– solid extraction and liquid chromatography coupled to tandem mass spectrometry. Perfluorooctanate sulfonate (PFOS) was the only compound detected in the eggs and its presence was higher in the colonies situated in NE Iberian Peninsula due to the more industrial and mass urbanization in this area compared to the SW Mediterranean or Atlantic colonies. Accordingly, the Medes site, followed by the Ebro Delta and Columbretes, all situated in the NW Mediterranean coast, contained the highest PFOS levels (40.5–54.0 ng/g-ww). In all other colonies, PFOS was detected at levels of 10.1–18.6 ng/g-ww. Egg shell biometry was studied and it was found that the presence of PFOS did not affect the development of the egg.

Ler máis

Ecoloxía da rata parda (Rattus norvegicus) nas illas Cíes: Factores causantes do aumentao da poboación e adopción de métodos de control

Análise de distribución e abundancia de Rattus norvegicus nas Illas Cíes, fenoloxía de reprodución, variación estacional de dieta, importancia trófica da especie e actividade diaria. O estudo levouse a cabo por medio de trampeos con cepos cun esforzo de mostraxe similar nos oito sectores e catro estacións estudados.

Ler máis

Effect of testosterone on the behaviour of yellow-legged gulls (Larus cachinnans) in a high-density colony during the courtship period

Yellow-legged gulls breed in high density areas, and the condition-dependent hypothesis suggests that birds with high physical condition can obtain breeding benefits in high-density areas because they are able to pay off the energetic costs of aggressive behaviour and territory defence. This study and others showed a relationship between aggressiveness or copulation behaviour and nest-density during the pre-laying period in gulls. The link between density and behaviour can be explained by the strong competition for space and mates. Testosterone regulates mate behaviour and can play an important role in the condition-dependent hypothesis. We tested the effects of testosterone implants on male breeding behaviour. In a high-density colony, testosterone-implanted male yellow-legged gulls showed higher aggression and copulation frequencies than controls during the courtship period. In addition, these testosterone-treated birds acquired larger territories than the controls. Thus, a high testosterone level can increase individual fitness in densely populated areas given the benefits derived, on the one hand, from a large territory and, on the other, from an increased copulation rate that would guarantee the male's paternity of the chicks born in his own nest. Since testosterone increases energetic requirements, Only high-quality males would be able to pay off the costs of high levels of testosterone and so obtain the benefits of breeding in high-density areas. Testosterone could therefore provide a proximate mechanism regulating nest density in gull colonies.

Ler máis

Eichhornia crassipes (Mart) Solms en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como resultado de un transporte por el mar a larga distancia.

Dentro de las labores de seguimiento de los hábitats naturales que el GI-1934 Territorio – Biodiversidad (IBADER. Campus de Lugo) viene realizando para el Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia se redacta el presente informe relativo a la llegada del Jacinto de Agua [Eichhornia crassipes (Mart) Solms] a las playas del archipiélago de las Islas Cíes en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, como resultado de un transporte a larga distancia procedente de localidades situadas en el litoral de Portugal.

Ler máis

El paisaje submarino de las Islas Cíes. El snorkel como recurso turístio y herramienta de sensibilización.

A paisaxe submarina. Moitas persoas aprecian a paisaxe e valores naturais dos ecosistemas terrestres, pero moi poucas se interesan tamén polos seus equivalentes nos fondos mariños, a pesar de ser accesibles e sumamente atractivos. O snorkel preséntase como a mellor alternativa para superar tan importante barreira. Unha iniciativa nova emprendida no Parque Nacional das Illas Atlánticas podería axudar a planificar e xestionar correctamente esta actividade e crear novas expectativas aos seus visitantes.

Ler máis

Eliminación de especies invasoras prioritarias na Illa de Faro (Arquipélago das Illas Cíes)

Realizouse unha serie de voos cun dron de alta precisión e sensor RGB, e cartografáronse as especies vexetais invasoras detectables a partir do ortomosaico obtido destas imaxes. Posteriormente priorizouse o tratamento dos distintos núcleos de cada especie, en base ó seu tamaño, localización e distancia a outros núcleos, cercanía a pistas transitable pola maquinaria e pendente.

Ler máis

Erodium maritimum (Geraniaceae), a specieswith an uneven and fragmented distribution along de Western Mediterranean and European Atlantic coasts, has a weak genetic structure

Erodium maritimum L. is an annual species presenting heterogeneous, sometimes very small, and distant populations, distributed along a discontinuous coastal strip of the European Atlantic and the central and western Mediterranean basin. The aim of this study is to investigate genetic variation and geographic structure changes across its large distribution. Fourteen populations of E. maritimum were studied using AFLP fingerprints, together with their population sizes, reproductive systems and flower visitors. AFLP markers revealed the genetic structure of the species to be weak. Many individuals from one population clustered together with those of other populations, showing a high degree of genetic admixture. Despite having a self-compatible reproductive system, populations (especially the largest ones) showed high levels of genetic polymorphism, and the majority of genetic variation was contained within populations. The low genetic structure suggests high levels of gene flow, which might be explained through the dispersability of the species' fruits. Finally, recommendations are provided for management strategies to facilitate the conservation of this endangered species.

Ler máis

Estado de conservación e inventario de especies vexetais ameazadas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora vascular ameazada Linaria arenaria DC., Rumex rupestris Le Gall. e Erodium maritimum (L.) L’Her, todas elas catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la Flora Vascular Española (Bañares et al., 2003) ou no borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas (DOGA, 2007). Tamén se comezaron a abordar outros aspectos da bioloxía da conservación destas especies. As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe está estructurado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais, hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e sinalamos unhas medidas básicas de xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada núcleo. Para Linaria arenaria sumarizamos os datos dispoñíbeis desde 2002, presentando e analizando a evolución das súas poboacións no territorio do Parque Nacional.

Ler máis

Estudio botánico-ecológico de las Islas Cíes.

Primera descrición da vexetación e flora das Illas Cíes. Apórtase un inventario de ?? especies.

Ler máis

Estudio de la metodología para el control de la población de visón americano en el archipiélago de Sálvora en el PNMTIAG.

Definición e posta a punto da metodoloxía axeitada para o estudo e control da poboación de visón americano.

Ler máis

Estudio de las condiciones de oleaje en los límites del Parque Nacional de las Islas Atlánticas

Para a caracterización das condicións da ondada nos límites do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é necesario realizar un estudo do clima marítimo e propagación da ondada. O estudo de clima marítimo e propagación da ondada permite obter os parámetros de altura de onda, período e dirección incidentes para réxime extremal da ondada de fondo nas balizas que delimitan o perímetro dos arquipélagos do Parque Nacional. Unha vez caracterizada a ondada na orixe do dominio (dirección, período e altura de onda), estimarase a altura de onda que chega á zona de estudo mediante modelos numéricos de propagación espectral da ondada.

Ler máis

Estudio del impacto de la extracción de semilla de Mejillón (mexilla) en la comunidades intermareales del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia.

A extracción de semente de mexillón da zona intermareal é unha actividade amplamente estendida nas costas galegas. A pesar do seu carácter de zona protexida, a extracción de semente está igualmente permitida en gran parte da cara interna dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora do Parque sen que exista unha avaliación do seu impacto sobre o ecosistema litoral explotado. Neste estudo, fíxose un seguimento mensual desde maio ata novembro de de as características da comunidade intermareal en cinco zonas control e seis zonas de explotación distribuídas ao longo da cara interna dos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora. En cada sitio, analizouse a cobertura de especies intermareales sésiles na cintura ocupada polo mexillón usando cadrados de 0,5x0,5 m nun plan de mostraxe aniñada con tres parcelas por sitio e 3 cadrados por parcela. Os resultados mostran que a extracción de semente non só reduce a cuberta de mexillón senón que tamén diminúe significativamente a cobertura do resto de especies sésiles. Ademais dunha menor biomasa, atopamos evidencias de que as comunidades de zonas explotadas ten menor riqueza de especies. É máis, a pesar da considerable variabilidade detectada entre sitios dun mesmo tipo de tratamento, hai diferenzas estatisticamente significativas na estrutura da comunidade de sitios control fronte aos sitios explotados. Estas diferenzas mantivéronse durante todo o período de estudo a pesar da variabilidade estacional detectada, o que suxire que a comunidade non é capaz de recuperarse entre un período de extracción e o seguinte. En conxunto, os nosos resultados indican que a extracción de semente de mexillón ten un efecto negativo sobre a abundancia e diversidade de moitas especies sésiles intermareales que conviven co mexillón, e que non deberían ser o obxectivo desta actividade extractiva. Como resultado, a comunidade intermareal das zonas explotadas é diferente da comunidade de zonas non explotadas. Esta observación, unida ao feito de que a extracción de semente está permitida nunha ampla franxa do litoral interno de lor arquipélagos do Parque, suxire que o intermareal da costa protexida do Parque non proporciona unha imaxe representativa do que sería devandito hábitat no seu estado natural libre da explotación de semente . Para que o Parque Nacional proporcione unha imaxe fiel da comunidade intermareal das nosas costas, sería necesario limitar no posible a extracción de semente de mexillón dentro dos seus límites.

Ler máis

Estudio dendroecolóxico do Laurus nobilis na Illa de Cortegada.

Neste estudio descríbense s distribucións de tamaño de idade, ademais das correlacións entre o diámetro e a altura coa idade dos individuos da poboación de loureiro (Laurus nobilis) da Illa de Cortegada. Tamén aplícanse técnicas dendroecolóxicas para a análise do crecemento e da resposta climática do loureiro.

Ler máis

Estudio estructural de la población de laurel (Laurus nobilis) de la Isla de Cortegada en el Parque Nacional das Illas Atlánticas

A cuberta arbórea presente na actualidade no Parque Nacional dás Illas Atlánticas ( PNIA) é o resultado dunha forte influencia antrópica ancestral e de impactos pasados como incendios, pastoreo e cambios no uso do chan. Na illa de Cortegada, situada na Ría de Arousa (Pontevedra) e cunha climatoloxía de tipo oceánico húmido con tendencia a aridez estival, o loureiro rexenerouse de forma natural despois do abandono das terras agrícolas no primeiro cuarto do século XX, formando unha masa monoespecífica dunhas 5 ha que dá carácter a esta illa dentro do PNIA. É predicible que o carácter oceánico e insular estea a afectar ao desenvolvemento da cuberta vexetal da illa, pero na actualidade non se coñecen estes factores ambientais nin a súa influencia. O obxectivo deste estudo é a caracterización estrutural da poboación de loureiro da Illa de Cortegada como primeiro paso para unha análise detallada da dinámica poboacional e das súas posibilidades de conservación. Preséntanse os resultados da primeira tempada de traballo sobre as características edafoclimáticas da estación, a diversidade do sotobosque, o estado da masa de loureiro (cobertura, distribución de tamaños), e algúns aspectos funcionais como a madurez, rexeneración, frutificación e a dinámica da descomposición-mineralización.

Ler máis

Estudio sobre a evolución do sistema praieiro de Rodas (Illas Cíes)

Para poder facer unha avaliación da importancia e consecuencias da actividade humana, é preciso primeiro coñece-lo funcionamento da zona. Neste traballo abórdase o estudo do comportamento morfodinámico do complexo praieiro de Rodas, o que axudará a determina-la tendencia evolutiva e grao de estabilidade que presenta na actualidade. O estudo da evolución do sistema sedimentario estase facendo mediante: * Perfís topográficos, con frecuencia bimensual * Topografía da lagoa, en verán e inverno. * Batimetría da zona sumerxida da praia. * Análise sedimentolóxica e composicional de mostras recollidas na praia, lagoa e zona sumerxida. * Batimetría da zona sumerxida da praia. * Medición empírica da dirección de transporte mediante trazadores.

Ler máis

Evaluación y seguimiento de las acciones emprendidas para la regeneración del ecosistema dunar del Parque Natural de las Islas Cíes

As accións levadas a cabo no medio dunar do Parque Natural das Illas Cíes durante os anos 1991 e 1992 por parte da dirección do mesmo, constitúen un decidido primeiro paso para a restauración do devandito ecosistema. Mediante o presente traballo comezouse un seguimento evolutivo da vexetación e da morfoloxía dos medios dunares identificados. Nel presentamos os primeiros datos obtidos no devandito seguimento. Mediante as análises florísticas e de vexetación emprendidas na presente campaña pretendemos establecer unha serie de consideracións relacionadas coa futura xestión do ecosistema dunar. Para iso estase efectuando un seguimento de cada unha das comunidades vexetais representadas na zona de estudo, a partir do cal podamos coñecer como responden os distintos tipos de vexetación ás condicións ambientais existentes, así como as súas tendencias sucesionais. A información recollida durante as campañas efectuadas na primavera e verán de 1993 serviunos como referencia de partida para acometer con rigorosidade a evolución do ecosistema dunar e poder orientar acerca das posibles actuacións ou emendas que debesen levar a cabo.

Ler máis

Evaluación y seguimiento de las acciones emprendidas para la regeneración del ecosistema dunar del Parque Natural de las Islas Cíes

As accións levadas a cabo no medio dunar do Parque Natural das Illas Cíes durante os anos 1991 e 1992 por parte da dirección do mesmo, constitúen un decidido primeiro paso para a restauración de devandito ecosistema. Mediante a presente memoria continuamo-lo traballo emprendido por nós mesmos no ano 1993, encamiñado a coñecer o comportamento evolutivo das diferentes comunidades vexetais e da morfoloxía dos medios dunares. Nelas presentamos parte dos novos resultados obtidos a partir das últimas mostraxes realizadas, a falta dunha nova mostraxe de campo que, unha vez completo formará parte do informe definitivo. Mediante as análises florísticas e de vexetación emprendidos durante as últimas campañas pretendemos coñece-lo comportamento evolutivo de cada unha das comunidades vexetais representadas na zona de estudo. Para isto continuouse co seguimento do seu comportamento rexenerativo, a partir do cal podamos coñecer como responden os distintos tipos de vexetación ante as novas condicións ambientais instauradas trala curta e posterior extracción dos piñeiros e tralo cesamento do tránsito peonil. A información recollida durante as campañas efectuadas na primavera e verán de 1993 e 1994 serviunos como referencia para acometermos con rigorosidade a evolución do ecosistema dunar e poder orientar acerca das posibles actuacións ou emendas que se debesen levar a cabo.

Ler máis

Evolución morfosedimentaria anual, decadal y secular del sistema barrera-lagoon de Cíes durante el Cuaternario (Galicia, NO Península Ibérica)

El objetivo general de esta tesis es establecer el funcionamiento y evolución morfosedimentaria reciente del sistema barrera-lagoon localizado en las Islas Cíes (Figura 1.1). La zona escogida para el desarrollo de este estudio se encuentra dentro de un espacio natural con especial protección, el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia. Se trata de un ambiente sedimentario de especial interés debido a su fragilidad y a los importantes ecosistemas allí desarrollados. Otra cuestión de especial relevancia que nos llevó a plantear este estudio fue la erosión detectada en dicho sistema natural durante los últimos años. Por último, el sistema estudiado constituye un ejemplo único debido a su singular situación geográfica, instalado entre dos islas sin una red fluvial desarrollada, que lo convierte en un ambiente sedimentario original frente a otros sistemas barrera- agoon existentes en la costa gallega y en otras regiones. Para alcanzar el objetivo general propuesto, se analizó el comportamiento del sistema sedimentario desde diferentes perspectivas, y abarcando distintas escalas temporales y espaciales. En primer lugar, se determinó el funcionamiento y evolución de la playa teniendo en cuenta su variabilidad anual, mediante un seguimiento mensual a lo largo de tres años. Concretamente, se analizó su respuesta frente a eventos de alta energía asociados a temporales. El estudio a corto plazo del sistema es importante ya que aporta información muy valiosa para la gestión medioambiental de estos sistemas litorales. En el segundo bloque de desarrollo de la presente Tesis se estableció también el funcionamiento y evolución de la barrera de arena abarcando una escala de tiempo decadal. De esta manera se reconstruyó la evolución de la misma para las últimas décadas, completando la base de conocimiento necesaria para la gestión de dicho sistema. Por otra parte, nuestro objetivo fue aportar información acerca de la estructura interna y modelos de evolución de las barreras de arena, y en concreto de barreras de arena transgresivas recientes. Por último, se analizó el funcionamiento y evolución del sistema barrera-lagoon abarcando una escala de cientos a miles de años. En este apartado se determinó la formación de la barrera de arena y evolución de los ambientes sedimentarios adyacentes a través del análisis del registro sedimentario. De esta forma, se contribuyó al conocimiento de los cambios en el nivel del mar durante el Holoceno medio a tardío para este sector de la costa. Finalmente, se estableció una relación entre las diferentes escalas temporales de acuerdo con los diferentes comportamientos evolutivos detectados.

Ler máis

Flora ameazada do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Cartografía, censo, hábitat e conservación

O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora vascular ameazada Cytisus insularis S. Ortiz, Linaria arenaria DC., Rumex rupestris Le Gall. e Erodium maritimum (L.) L’Her. A fraxilidade que padecen as poboacións destes táxones reflíctese ao ser catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la Flora Vascular Española ou no borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe está estruturado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais, hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e apuntamos cara a toma de medidas básicas de xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada núcleo. Confiamos en que este material contribúa á xestión destas especies e garanta o seu futuro no Parque Nacional.

Ler máis