Realizouse un censo da colonia de reprodución de corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis) no arquipélago das Illas Cíes, estimándose a poboación nidificante mediante un cálculo directo dos niños presentes.
Cartografouse a área ocupada pola colonia a escala 1:10000, incluíndose tamén datos acerca da selección de hábitat de nidificación desta especie nas Cíes.
Finalmente, a información fornecida por parcelas de mostraxe, xunto con datos obtidos durante o censo, permítennos adiantar algúns parámetros sobre a bioloxía da reprodución desta especie.
Análise de distribución e abundancia de Rattus norvegicus nas Illas Cíes, fenoloxía de reprodución, variación estacional de dieta, importancia trófica da especie e actividade diaria. O estudo levouse a cabo por medio de trampeos con cepos cun esforzo de mostraxe similar nos oito sectores e catro estacións estudados.