A base de datos SagresCiTe contén tres bloques de información que se poden consultar de xeito individual:
Consulta de Traballos Científico-Técnicos
Dende a páxina de inicio de SagresCiTe, pódese acceder de dúas maneiras á consulta de traballos científico-técnicos:
1.- Pinchando en Traballos, no menú superior dereito da páxina
2.- Baixando na páxina (ben a través do scroll do rato ou pinchando na dobre frecha na parte inferior da pantalla, e pinchando no botón TRABALLOS.
Na páxina de busca de traballos aparecen unha serie de casas que nos permiten poñer filtros para determina-la busca a facer. Se non poñemos ningún filtro, veremo-la lista completa dos traballos baixo a área de busca, que poderemos ver ó facermos scroll na páxina.
Os distintos filtros ou condicións de busca que se poden usar son os seguintes:
Se utilizamos máis dun filtro á vez, a busca ofrecerano-las referencias que cumpran tódolos criterios á vez. Así, se seleccionámo-la illa de Ons no filtro de illas e libro no filtro do tipo de documento, o resultado mostrará tódolos libros que traten de Ons, ben sexa parcial ou totalmente.
Unha vez finalizada a configuración dos filtros debemos pinchar no botón Buscar, situado baixo dos filtros, para lanza-la consulta. Os resultados aparecerán listados, inmediatamente baixo deste botón de Buscar. Para ver cada un dos rexistros podemos pinchar no título ou na etiqueta Ler máis ->
Consulta de Proxectos
A posibilidade de consulta-los proxectos que estean activos ou teñan sido realizados no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é un recurso accesorio, pensado para facilita-la complementariedade da investigación e do traballo técnico de seguimento no mesmo. Complementa así a posta a disposición de referencias levadas a cabo neste ámbito xeográfico nesta base de datos SagresCiTe.
Póren, sendo como é un recurso accesorio a súa base de datos é moito máis sinxela e como tal, o sistema de busca tamén.
A ficha de cada proxecto limítase a un título, un subtítulo e un texto de descrición do proxecto, onde se conta brevemente o seu obxectivo, métodos, ámbito xeográfico, equipo que o leva a cabo e nalgúns casos, mesmo resultado.
A interfaz de busca, presenta unha única casa de texto e baixo dela o resultado da busca. Tras escribir un texto na devandita casa, teremos que pinchar no botón de Buscar, para ve-los proxectos que conteñen o texto inserido.
Consulta de Equipos
A posibilidade de consulta-los equipos que estean activos de forma habitual no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é un recurso accesorio, pensado para facilita-la complementariedade da investigación e do traballo técnico de seguimento no mesmo, así como a colaboración e intercambio de información entre distintos equipos de traballo e investigación. Complementa así a posta a disposición de referencias levadas a cabo neste ámbito xeográfico nesta base de datos SagresCiTe.
Porén, sendo como é un recurso accesorio a súa base de datos é moito máis sinxela e como tal, o sistema de busca tamén.
A ficha de cada equipo limítase a un título, o nome dun investigador principal e un texto de descrición do equipo, onde se conta brevemente a súa liña de traballo, a súa filiación e os seus compoñentes.
A interfaz de busca, presenta unha única casa de texto e baixo dela o resultado da busca. Tras escribir un texto na devandita casa, teremos que pinchar no botón de Buscar, para ve-los equipos que conteñen o texto inserido.
| Descargar Manual de Usuario |