TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 6 de 6 resultados
Resultados por páxina

Catálogo florístico del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas

Neste traballo elaborase o catálogo da flora vascular do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a revisión das citas bibliográficas e a exploración do territorio. O catálogo foi dividido en pteridófitos, gimnospermas e anxiospermas, aportando para cada taxon tódalas citas que foron publicadas ata o momento e aportando citas ata agora inéditas no conxunto do Parque Nacional. O catálogo está conformado por 981 taxons e recolléronse citas dende 1905, cando o Padre Baltasar Merino publicou o primeiro tomo da “Flora descriptiva e ilustrada de Galicia”. Tras unha profunda análise do catálogo realízase unha valoración da flora de interese, estudando aqueles taxons recollidos en catálogos ou listados de flora ameazada ou aqueles que sen o estaren teñen valor para a conservación nas illas do parque. Estes taxons foron sometidos a unha valoración mediante o método PriCon, de prioridade de conservación, método obxectivo que valora e prioriza especies e poboacións para a súa conservación. Para esta valoración tivéronse en conta as variables: ameaza, distribución restrinxida, rareza, responsabilidade, protección autonómica, protección nacional, protección internacional, fraxilidade ecolóxica e interese local. Para os taxons que resultaron de interese elaborouse unha relación cos lugares de distribución natural da especie. Dado o grao de peligrosidade que representan as especies exóticas invasoras, segunda causa mundial de perda de biodiversidade e por encontrarnos nun espacio natural protexido, elaborouse un capítulo específico relativo a esta flora. Este capítulo inclúe tódolos taxons presentes no Parque Nacional que non son autóctonos no mesmo, analizando o seu grado de amenaza, posible vía de introdución e a súa procedencia. O dato que se deduce deste apartado é alarmante, ya que o 29,5 % dos taxons atopados no conxunto do Parque Nacional son exóticos (289 taxons).

Ler máis

Censo de la población nidificante y primeros datos sobre fenología de la reproducción del cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis) en las Islas Cíes

Realizouse un censo da colonia de reprodución de corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis) no arquipélago das Illas Cíes, estimándose a poboación nidificante mediante un cálculo directo dos niños presentes. Cartografouse a área ocupada pola colonia a escala 1:10000, incluíndose tamén datos acerca da selección de hábitat de nidificación desta especie nas Cíes. Finalmente, a información fornecida por parcelas de mostraxe, xunto con datos obtidos durante o censo, permítennos adiantar algúns parámetros sobre a bioloxía da reprodución desta especie.

Ler máis

Influencia da colonia de gavota común sobre a biodiversidade das Illas Cíes: Efecto sobre outras aves de interese, sobre a vexetación e sobre os solos de acantilados.

Xestionar correctamente a colonia de gaivotas, e en xeral, os acantilados mariños. Analizar o efecto da colonia de gaivotas sobre outras aves do cantíl, a vexetación e os solos do cantil.

Ler máis

Programa de monitorización de flora y fauna terrestre en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia

Deseño e elaboración dun Programa de monitoraxe da flora e a fauna terrestre no PNMTIAG, para o que se expuxeron catro contidos básicos: - Recompilación documental de requirimentos legais e de programas de seguimento e monitorización postos en práctica en diferentes áreas xeográficas e espazos naturais. - Compilación e valoración de inventarios, catálogos e outros traballos emprendidos acerca da biodiversidade terrestre do Parque Nacional. - Elaboración e deseño dos contidos do Programa de Seguimento e monitorización de flora e fauna terrestre do Parque Nacional. - Deseño dunha ferramenta informática para o seguimento da biodiversidade por parte do persoal do Parque.

Ler máis

Seguimento da avifauna no Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (2010).

Monitorización de avifauna reprodutora, obxecto da presente memoria: -Gaivota escura (Larus fuscus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes. -Gaivotón (Larus marinus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes. -Falcón peregrino (Falco peregrinus). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Lagarteiro (Falco tinnunculus). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Andorión (Tachymarptis melba). Estima de efectivos reprodutores e distribución. -Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Galla pequena (Corvus monedula).Censo, distribución e éxito reprodutor.

Ler máis

Seguimiento de la avifaua en el Parque Nacional Marítimo Terrestre Islas Atlánticas de Galicia

En el Parque Nacional de las islas Atlánticas de Galicia, se ha confirmado la nidificación en 2005 de las cuatro especies de aves marinas ya registradas en años anteriores (Paíño europeo, Cormorán moñudo, Gaviota patiamarilla, Gaviota sombría), de una anátida (Ánade azulón) y una limícola (Chorlitejo patinegro), así como de las tres especies de rapaces y córvidos de habitos rupícolas con tendencia desfavorable en este espacio natural: Cernícalo vulgar, Chova piquirroja y Grajilla.

Ler máis