TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 5 de 5 resultados
Resultados por páxina

Censo de la población nidificante y primeros datos sobre fenología de la reproducción del cormorán moñudo (Phalacrocorax aristotelis) en las Islas Cíes

Realizouse un censo da colonia de reprodución de corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis) no arquipélago das Illas Cíes, estimándose a poboación nidificante mediante un cálculo directo dos niños presentes. Cartografouse a área ocupada pola colonia a escala 1:10000, incluíndose tamén datos acerca da selección de hábitat de nidificación desta especie nas Cíes. Finalmente, a información fornecida por parcelas de mostraxe, xunto con datos obtidos durante o censo, permítennos adiantar algúns parámetros sobre a bioloxía da reprodución desta especie.

Ler máis

Desplazamientos de la Gaviota Patiamarilla Larus cachinnans en poblaciones del norte de la Península Ibérica.

Analízanse todas as recuperacións dispoñibles de gaivotas patiamarela aneladas como polos que concirnen ao Atlántico norte español (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco), e compáranse coas recuperacións de aves aneladas na provincia de Xirona. As gaivotas patiamarelas das colonias do Atlántico norte español non parecen realizar desprazamentos de carácter migratorio, recuperándose a maioría das aves a menos de 100 km da colonia natal, situación que contrasta co claro comportamento migratorio das patiamarelas de Mediterráneo occidental. Nas poboacións do Atlántico atopáronse diferenzas significativas entre clases de idade nas distancias á colonia natal, correspondendo os maiores desprazamentos ás aves inmaturas. Pola contra, os datos da provincia de Xirona non parecen indicar a existencia de tales diferenzas. En ambos os casos obsérvase un marcado ciclo estacional, aínda que as menores distancias á colonia de anelamento prodúcense entre maio e setembro no Atlántico, mentres que en Xirona este período ten lugar entre marzo e xuño. Por outra banda, os resultados suxiren que as gaivotas do Atlántico norte español constitúen unha poboación pechada, sen apenas relacións con outras poboacións de L. cachinnans.

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galic. Resultados 2014.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2014 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados 2013.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2013 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados de 2015 e 2016.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2016 do programa de seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En 2016 o seguimento atinxiu a 5 das 6 especies de aves mariñas reprodutoras no Parque: o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a gaivota patiamarela (Larus michahellis), a gaivota de asa escura (Larus fuscus), o Gaivotón (Larus marinus) e máis a pardela cincenta (Calonectris diomedea). O documento inclúe ademáis datos correspondentes ao ano 2015 sobre a dieta, o éxito reproductor en dunas e a mortalidade por síndrome de parálise nas poboacións de gaivota patiamarela.

Ler máis