Descrición da xeografía, historia, veciños,festas, supertizóns, lendas e contos da illa de Ons.
Descrición da xeografía, historia, veciños,festas, supertizóns, lendas e contos da illa de Ons.
Aínda que diversos autores inclúen dentro da distribución de Hyles euphorbiae ( linnaeuS, 1758) a totalidade de Galicia ( NW. España), a realidade é que nesta rexión, sorpredentemente, só existe un taxón do grupo tithymali BoiSduval o cal substitúe a Hyles euphorbiae ( linnaeuS, 1758). Estúdase a morfoloxía do anterior taxón, non moi ben coñecida, de Galicia (distribución: illas atlánticas e costas continentais; taxón común, poboación abundante). As larvas, que mostran un rango de variación na súa banda lateral similar ás larvas das tres subspecies de Hyles tithymali ( BoiSduval, 1834) existentes en Macaronesia (illas Canarias e de Madeira) e de Hyles tithymali deserticola ( STaudinGeR, 1901), diferéncianse das anteriores subespecies principalmente na combinación dos seguintes caracteres: a).- nas larvas ( L5), no 86,5% delas, os ocelos subdorsales (de cor vermella-rosa ou branco) teñen os bordos negros abertos (zona sen bordo negro) na zona que apunta á cabeza da oruga e ao redor do 25% das larvas teñen a fila de ocelos dorso laterais conectados por unha liña definida amarelada (manchada internamente con zonas de varios tons entre o vermello, rosa e laranxa); b).- os adultos (banda mediana das ás anteriores normalmente manchada de rosa; cor de fondo de ás e corpo de cor oliva claro) son diferentes dos imagos das subespecies máis próximas xeograficamente (África e illas Canarias de Madeira), pero parecidos a algúns exemplares de Hyles tithymali sammuti eiTSchBeRGeR, danneR & SuRholT, 1998 da illa de Malta. Como resultado da comparación desta poboación con outras subespecies do grupo tithymali, en cuxo grupo se inclúe debido principalmente á súa morfoloxía larval (un estudo molecular sería moi necesario para determinar a súa relación filogenética), indican que a poboación deste novo taxón de Galicia é unha subespecie válida: descríbese Hyles tithymali gallaeci subspec. nov
Os estudos sobre as algas " superiores" (no sentido de algas non planctónicas e exceptuando as diatomeas) nas rías baixas galegas eran practicamente descoñecidos en datas anteriores a 1928, en que G. Hamel fai unha primeira exploración que abarcou desde Pontevedra á Garda. En 1934, G. MIrando realiza unha serie de dragaxes en distintos puntos da ría de Pontevedra que o levan ó achádego de especies de profundidade, non atopadas ata entón nas nosas costas. Reanudados actualmente estes estudos, concentrados de momento na parte sur da ría de Vigo, cremos oportuno dar a coñecer unha relación de tódala flora na que figuren tanto as especies citadas por Hamel ou Miranda como as atopadas agora por primeira vez (sinaladas con asterisco), para que esta nota preliminar sexa o catálogo das especies actualmente coñecidas nestas rías. Tamén foi aproveitado material recollido en 1952 polo doutor Margalef, que , co noso, se conserva no Instituto de Investigacións Pesqueiras (Laboratorio de Vigo). O número de especies coñecidas é de 231, das cales 35 son citadas por primeira vez neste traballo: o resto xa foron sinaladas por Hamel ou Miranda (no tivemo-la fortuna de atoparmos algunhas destas).
Os traballos realizados cumpren os seguintes obxetivos: -Avaliar os cambios da paisaxe forestal do arquipélago das Illas Cíes a partir da información bibliográfica dispoñible. -Determinar as características dasométricas, florísticas e fitosanitarias das plantacións forestais e louredais da Illa de Cortegada. -Análise florístico doutras formacións autóctonas e exóticas de interese.
O estudio pretende ser un primeiro achegamento ás case descoñecidas comunidades de organismos que habitan no sublitoral do Parque Natural das Illas Cíes. As mostraxes lévanse a cabo mediante a inmersión de dous mergulladores con escafandra autónoma. Este xeito de mostraxe permite obter un coñecemento visual directo e global de toda a paisaxe submariña, tanto do substrato como da columna de auga. Por outra banda, minimízase o impacto producido sobre os ecosistemas, o que está en concordancia coa filosofía de traballo de investigación dentro dunha zona con protección. A fotografía submariña foi un método de mostraxe complementario usado en tódalas inmersións. Realizáronse fotografías xerais do fondo, co que se obtiveron rexistros da paisaxe (tipo de sedimento, estruturas sedimentarias, cobertura algal, etc.). Tomáronse tamén fotografías ó longo dos transectos para complementar as observacións. Por último este método foi decisivo para a identificación de organismos dificilmente mostrexables ou co fin de evitar unha recollida innecesaria de mostras en casos determinados.
O proxecto propón o emprego de organismos anaerobios autóctonos para a recuperación de sedimentos mariños contaminados con residuos de petróleo. O traballo centrouse nunha zona de Galicia contaminade con fuel tras o afundimento do Prestige.
É xeralmente asumido que os bordes de áreas de distribución das especies silvestres poden funcionar como hábitats sumidero, onde os individuos atopan dificultades en sobrevivir e reproducirse, e nos que os efectivos poboacionais proceden da inmigración dende áreas fonte. Neste proxecto demóstrase que na Illa de Ons, como hábitat periférico, este modelo non funciona, polo menos para as catro especies obxecto de estudio (Aves: Fringillidae), e que o éxito das poboacións insulares, en termos de densidade de poboación, taxa de inxestión e condición corporal individuais, depende da calidade de hábitat, asociada á satisfacción dos requirimentos básicos de cada especie e non ó efecto da localización periférica.