TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 4 de 4 resultados
Resultados por páxina

Análise florístico e dasométrico das formacións arbóreas exóticas do PNMTIAG.

Os traballos realizados cumpren os seguintes obxetivos: -Avaliar os cambios da paisaxe forestal do arquipélago das Illas Cíes a partir da información bibliográfica dispoñible. -Determinar as características dasométricas, florísticas e fitosanitarias das plantacións forestais e louredais da Illa de Cortegada. -Análise florístico doutras formacións autóctonas e exóticas de interese.

Ler máis

Eichhornia crassipes (Mart) Solms en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como resultado de un transporte por el mar a larga distancia.

Dentro de las labores de seguimiento de los hábitats naturales que el GI-1934 Territorio – Biodiversidad (IBADER. Campus de Lugo) viene realizando para el Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia se redacta el presente informe relativo a la llegada del Jacinto de Agua [Eichhornia crassipes (Mart) Solms] a las playas del archipiélago de las Islas Cíes en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, como resultado de un transporte a larga distancia procedente de localidades situadas en el litoral de Portugal.

Ler máis

Seguimento dos efectos da erosión e do cambio climático en hábitats costeiros de interese comunitario no PNMTIAG.

Dispoñer dunha información actualizada en soporte dixital sobre os hábitats naturais-seminaturais constitúe un piar básico para o desenvolvemento doutros tipos de traballos de inventariación e xestión dos recursos naturais e da biodiversidade que se desenvolven no Parque, ademais de permitir trasladar parte desta informacion a actividades vinculadas co uso público. O desenvolvemento do presente traballo permitirá alcanzar os seguintes obxetivos: 1. Adecuación da cartografía ambiental do Parque Nacional 2. Cartografía actual. 3. Análise de cambio. 4. Elaboración de mapas temáticos.

Ler máis

Servizo de seguimento dos hábitats costeiros e terrestres. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Dentro das 1.195 ha terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia recoñecense ate 34 tipos de hábitats naturais e seminaturais incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE que abarcan un amplo espectro de biodiversidade biolóxica característica das áreas litorais da rexión bioxeográfica atlántica. Atópase no espazo delimitado polo Parque unha ampla representación de hábitats característicos de augas mariñas e medios de marea, acantilados costeiros e praias, marismas, dunas marítimas das costas atlánticas, queirogais de zonas temperadas, formacións herbáceas naturais e seminaturais e medios rochosos. O territorio comprendido polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, posúe na actualidade 6 figuras de protección de espazos naturais acorde coa Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Tres de estas figuras corresponden a categorías de Espazos Naturais Protexidos de ámbito nacional ou autonómico (Parque Nacional, Parque Natural, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais), dous de ámbito europeo, vinculadas á Rede Natura 2000 (LIC e ZEPA), e unha a espazos de ámbito internacional, ao ser declarada como zona protexida no marco do Convenio de Oslo- Paris (OSPAR). Os instrumentos que brindan estas categorías de protección (Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e Directiva Aves (DC 209/147/CEE)), así como outras disposicións legais e iniciativas a nivel internacional: Directiva Marco da auga (200/60/CEE); Convention on Biological Diversity (CBD) e Pan-European Biological and Landscape Diversity Strategy (PEBLDS, Sofia 1995); establecen criterios, indicadores e métodos destinados a analizar e avaliar o estado de conservación dos compoñentes da biodiversidade. Neste contexto, a importancia das labouras de seguemento e monitorización do estado de conservación dos hábitats naturais e das especies silvestres de interés comunitario está contemplada no Art. 11 da Directiva Hábitats (92/43/CEE); no que se consideran os traballos de vixiancia como unha obriga cuxos principais resultados deben ser enviados cada 6 anos á Comisión (Art.17). Máis recentemente a Estratexia de Biodiversidade 2020 incluiu asimesmo a monitorización e o seguemento dentro dos seus obxectivos; poñendo de manifesto a necesidade de medir a evolución do estado de conservación dos hábitats e especies de importancia europea para poder alcanzar metas mensurables a este respecto. A mellora e racionalización da vixiancia e a información recompilada contémplase nesta Estratexia co obxetivo de mellorar a dispoñibilidade e o uso dos datos xerados. Na configuración do plan de seguimento que se desenvolveu nos hábitats costeiros e terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, consideráronse como punto de partida, os estándares de monitorización aceptados a nivel internacional, así como os empregados ou adaptados aos obxectivos específicos do Convenio de OSPAR (OSPAR, 2008a,b; 2009a,b, 2010), da Rede Natura 2000 ou dentro de proxectos de seguimento (IGBP, ILTERN, REDOTE), axeitados ás características bioxeográficas, ambientais e territoriais do Parque. Tendo presente a importancia da dispoñibilidade da información xerada no desenvolvemento dos traballos, toda esta recompilouse nunha base de datos xeorreferenciada que facilitase o uso e intercambio da mesma. Na presente memoria final detallaranse os labores realizados durante este período, e os resultados obtidos no complimento dos obxectivos contemplados no plan de seguimento. O obxectivo xeral do presente proxecto é a creación e mantemento dun banco de datos xeo-referenciado para os diversos tipos de hábitats naturais, seminaturais e artificiais que conforman os medios terrestres e costeiros do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que permita avaliar a curto e medio prazo o seu estado de conservación, en relación cos cambios ambientais globais e rexionais, ou coas modificación e perturbacións que se producen a nivel sub-rexional e local. A creación, alimentación e depuración do banco de datos permitirá tanto o análise da situación pretérita e actual dos hábitats, como a modelización dos mesmos no ámbito de escenarios de cambio a curto e medio prazo. A información contida no banco de datos, servirá para cumprimentar a información ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas nas distintas redes temáticas de referencia, e de forma determinante na Long-Term Ecological Research Network (LTER); Red Española de Observaciones Temporales de Ecosistemas (REDOTE); Long-Term Biodiversity, Ecosystem and Awareness Research Network (ALTERnet).

Ler máis