Os estudos sobre as algas " superiores" (no sentido de algas non planctónicas e exceptuando as diatomeas) nas rías baixas galegas eran practicamente descoñecidos en datas anteriores a 1928, en que G. Hamel fai unha primeira exploración que abarcou desde Pontevedra á Garda. En 1934, G. MIrando realiza unha serie de dragaxes en distintos puntos da ría de Pontevedra que o levan ó achádego de especies de profundidade, non atopadas ata entón nas nosas costas. Reanudados actualmente estes estudos, concentrados de momento na parte sur da ría de Vigo, cremos oportuno dar a coñecer unha relación de tódala flora na que figuren tanto as especies citadas por Hamel ou Miranda como as atopadas agora por primeira vez (sinaladas con asterisco), para que esta nota preliminar sexa o catálogo das especies actualmente coñecidas nestas rías. Tamén foi aproveitado material recollido en 1952 polo doutor Margalef, que , co noso, se conserva no Instituto de Investigacións Pesqueiras (Laboratorio de Vigo). O número de especies coñecidas é de 231, das cales 35 son citadas por primeira vez neste traballo: o resto xa foron sinaladas por Hamel ou Miranda (no tivemo-la fortuna de atoparmos algunhas destas).