Ponse a punto un algoritmo automatizado para a estima de abundancia dunha especie invasora (Zantedeschia aethiopica, cala) a partir de ortomosaicos obtidos por medio dun dron ou RPAs na illa de Sálvora. Compróbase a taxa de éxito do algoritmo a partir dun voo realizado en 2018 e de censos levados a cabo en campo en 54 parcelas por toda a illa e estímase a abundancia en tres áreas da illa en 2020.
Tras unha breve introducción sobre as invasiones biolóxicas de illas por ratas, a chegada da rata negra ás nosas costas e as características ecológicas da rata negra, Rattus rattus, dase conta da evolución da abundancia da rata negra na illa de Monteagudo dende 1998 ata 2018. Para isto combínanse os resultados das últimas estimas levadas a cabo por eNeBaDa para o PNMTIAG cos resultados doutros traballos previos realizados por 1) o grupo de investigación de Luis Santamaría no marco dun proxecto de investigación sobre os complexos de invasión financiado polo OAPN e 2) o equipo da empresa XESTEC sobre a dinámica anual da rata negra nestas illas.
Fonte: Presentación oral. V Xornadas de Estudo e Investigación do PNMTIAG. Edificio Cambón, Vigo. eNeBaDa. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.
Realizouse unha serie de voos cun dron de alta precisión e sensor RGB, e cartografáronse as especies vexetais invasoras detectables a partir do ortomosaico obtido destas imaxes. Posteriormente priorizouse o tratamento dos distintos núcleos de cada especie, en base ó seu tamaño, localización e distancia a outros núcleos, cercanía a pistas transitable pola maquinaria e pendente.
O obxectivo xeral do traballo é o coñecemento dunha parte importante da bioloxía reprodutiva de Corema album, como é o problema da dispersión das súas sementes por animais fruxívoros. Os obxectivos concretos son:
* Determinación da fenoloxía de fructificación da camariña (comezo, final e máxima dispoñibilidade de froitos)
* Determinación da produción máxima de froitos
* Caracterización dos froitos
* Identificación dos posibles dispersantes dos froitos de camariña e determinación da metodoloxía a seguir en futuros estudios sobre os mesmos.
O estudio foi levado a cabo na súa meirande parte na enseada do Trece, aínda que inclúe tamén un seguimento de menor intensidade na duna de Muxieiros de Cíes.
Descríbense os traballos para estima-la distribución e abundancia das especies catalogadas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas con presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia entre 2015 e 2017. As especies consideradas son: Erodium maritimum, Linaria arenaria, Omphalodes littoralis gallaecica, Rumex rupestris e Cytisus insularis. Compáranse os resultados con datos previos dos mesmos e outros autores. No caso de Linaria arenaria defínese un método rápido de estima de abundancia que está moi correlacionado coa densidade. Para Cytisus insularis amósanse tamén datos de mortalidade e reprodución.
Fonte: Informe inédito.. eNeBaDa. Parque Nacional Marítimo Terretre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas.
Durante o ano 2018 a empresa TRAGSA levou a cabo unha campaña de control de cala (Zantedeschia aethiopica) na illa de Sálvora, baixo o encargo do PNMTIAG. Durante a campaña probáronse dous métodos de control: a corta frecuente da cala (unha vez ó mes por medio de desbroce) e o arranque dos pés cos seus rizomas. Probouse a efectividade de ambólos dous métodos en 12 parcelas con distintas densidades de cala repartidas ó longo da illa e con tratamentos asignados aleatorizadamente. Mediuse o tamaño das plantas, a súa abundancia e floracón na primavera seguinte e comparouse estatísticamente o resultados dos tratamentos.