TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 41 a 80 de 88 resultados
Resultados por páxina

Flora micológica del Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Os principais obxectivos expostos neste estudo resúmense nos seguintes puntos: 1. Realizar un catálogo comentado dos macrobasidiomicetos nos tres arquipélagos exteriores que conforman o Parque Nacional ( Cies, Ons e Sálvora) a partir de material recollido por nós mesmos. 2. Analiza-la ecoloxía das distintas especies obtidas, en base ao noso estudo e ás referencias bibliográficas. 3. Avalia-la importancia corolóxica do material estudado a nivel autonómico e peninsular.

Ler máis

Food and feeding habits of Eurasian otter, Lutra lutra, and American mink, Neovison vison, in an Atlantic island of northwest Spain

A small population of otter and mink coexist on the Isle of Sálvora, off the coast of Galicia, a region in northwest Spain. The aim of this study was to analyse the feeding habits of both species (taxa and type of prey) and their degree of trophic overlap. In order to analyse which habitat features best define otter and mink trophic preferences, fish preys were defined according to three criteria: substrate preference, position in the water column, and tidal zones. A total of 178 otter spraints and 158 mink scats were collected and analysed between May and October 2007. The relative frequency of occurrence and the biomass of each taxon were calculated. Mink consume mainly rabbits in spring, seagulls in summer, and rodents and shrews in autumn. The frequency of rabbits and gulls in mink diet was related to the abundance of both prey on the island. Otters were basically feeding upon fish throughout the study period. Their main prey was garfish (pelagic fish) during spring and summer, and Bleniidae and Gobiidae (benthic fish of rocky bottom pools) in autumn. These fishes are also consumed by mink during late summer, when the diet overlap between both species is higher (August diet overlap of 43.5 %, mean diet overlap of 16.4 %).

Ler máis

Fructificación e dispersión de sementes de Corema album

O obxectivo xeral do traballo é o coñecemento dunha parte importante da bioloxía reprodutiva de Corema album, como é o problema da dispersión das súas sementes por animais fruxívoros. Os obxectivos concretos son: * Determinación da fenoloxía de fructificación da camariña (comezo, final e máxima dispoñibilidade de froitos) * Determinación da produción máxima de froitos * Caracterización dos froitos * Identificación dos posibles dispersantes dos froitos de camariña e determinación da metodoloxía a seguir en futuros estudios sobre os mesmos. O estudio foi levado a cabo na súa meirande parte na enseada do Trece, aínda que inclúe tamén un seguimento de menor intensidade na duna de Muxieiros de Cíes.

Ler máis

Genetic impact of the Prestige oil spill in wild populations of a poor dispersal marine snail from intertidal rocky shores.

In November 2002, the sinking of the Prestige cargo ship produced an oil spill of 60,000 tons that affected many areas along the Galician coast (in the northwest of Spain). In a number of rocky shore sites, most organisms (particularly marine mollusks) were nearly extinct at a local scale. We tested whether the local bottleneck/extinction that occurred in affected localities caused any detectable reduction of the genetic diversity in the marine snail Littorina saxatilis, an ovoviviparous rocky shore model species characterized by a low dispersal ability, high population density, and wide distribution range. We compared the level of genetic variation and population differentiation between affected (polluted) and control sites located in seven geographical areas (three sites per area, one impacted and two controls, and two replicates per site) one and a half years after the spill. The analysis included molecular marker variation (microsatellite and AFLP loci) and quantitative trait genetic variation for shell variables in embryos extracted from pregnant females. Our results indicate that the affected populations did not show a significant overall reduction in genetic diversity when compared to the controls, suggesting that the species is highly resistant to losing genetic variability as a consequence of a local short-term pollution process in spite of its low dispersal ability and direct development. However, some genetic effects were detected in the polluted populations, particularly for quantitative shell traits and AFLPs, consistent with local adaptations resulting from the fuel contamination.

Ler máis

Hipparchia (Pseudotergumia) fidia (Linnaeus, 1758) (Lepidoptera: Satyrinae)nueva especie para el Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia

Cítase Hipparchia ( Pseudotergumia) fidia por primeira vez para o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Descríbese a vexetación e achéganse datos de varios anos sobre a súa abundancia.

Ler máis

Influencia da colonia de gavota común sobre a biodiversidade das Illas Cíes: Efecto sobre outras aves de interese, sobre a vexetación e sobre os solos de acantilados.

Xestionar correctamente a colonia de gaivotas, e en xeral, os acantilados mariños. Analizar o efecto da colonia de gaivotas sobre outras aves do cantíl, a vexetación e os solos do cantil.

Ler máis

Informe de las actividades realizadas dentro del proyecto de investigación titulado

Durante o ano 2000 comezamo-lo estudo dos Cnidarios bentónicos das Illas Cíes, dentro do proxecto de investigación arriba mencionado, subvencionado pola Universidade de Vigo na súa convocatoria de Axudas á Investigación correspondente ao ano 1999. Con este estudio preténdese contribuír a un mellor coñecemento da fauna de Cnidarios das Illas Cíes, dado que os únicos datos existentes ata o momento se limitan á sinalización dalgunhas especies de Hidrozoos e Antozoos incluídas en traballos xerais sobre comunidades bentónicas das illas ou sobre Cnidarios de todo o litoral galego. Ó longo do presente ano realizamos 12 mostraxes repartidas ó longo de todo o perímetro das illas, dos cales 8 corresponden a estacións intermareais e 4 a estacións infralitorais.

Ler máis

Informe sobre la limpieza de rocas con agua del mar a presión en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas.

El Parque Nacional de la Islas Atlánticas de Galicia ha sido muy seriamente afectado por la marea negra derivada del accidente del petrolero Prestige. La afección alcanzó a las zonas litorales emergidas del Parque y también a los fondos marinos. Estos últimos son hoy objeto de un plan de trabajo de prospección y limpieza específico que está ya en fase de ejecución. En cuanto a la zona litoral los trabajos realizados hasta la fecha han dado excelentes resultados al conseguir retirar ya el chapapote del mar inmediatamente contiguo a la costa y prácticamente de todas las playas y zonas arenosas. En estos lugares se ha procedido esencialmente a la retirada física del chapapote y éste es el método que seguirá empleándose en los lugares en los que todavía quede algún fuel-oil. En las zonas litorales rocosas del Parque también se ha procedido a la retirada manual del contaminante, pero en estos sistemas la eficacia es más limitada ya que llega un momento en que las propias rocas quedan impregnadas de fuel y la retirada mecánica no es ya posible. Para ellas es por lo tanto imprescindible buscar otros métodos de limpieza complementarios a los utilizados hasta el presente.

Ler máis

Informe traballo topográfico Cíes

Levantamento topográfico realizado en Cíes como parte dun traballo de investigación sobre Corema album. Realizouse, así mesmo, o levantamento de 431 individuos desta especie.

Ler máis

Inventario de lepidópteros nocturnos del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.

Baseándonos en dous dos obxectivos principais do Plan Reitor de Uso e Xestión de certos Parques Nacionais (“Protexer a paisaxe, a integridade da fauna, flora e vexetación autóctona (…) existentes no Parque” e “Promover a educación ambiental e o coñecemento público dos valores ecolóxicos e culturais do Parque e o seu significado”), este estudo pretende achegar luz ao coñecemento das diferentes especies de lepidópteros nocturnos presentes no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Cremos que este traballo cumpre coas expectativas de mellorar o coñecemento do medio que habitualmente promove a Rede de Parques Nacionais. Igualmente trata de profundar e ampliar no coñecemento acerca da riqueza faunística deste espazo tan singular e pode servir de base a futuros estudos máis concretos. Por todo iso, o valor científico da colección entomológica resultante deste traballo é ineludible e queda en depósito do nomeado Parque Nacional, ben para a súa futura ampliación a través da realización de estudos similares, ou ben para a súa revisión por parte de calquera científico ou entomólogo que así o requira.

Ler máis

La ecología espacial de peces costeros y la gestión del Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A presente guía é o froito do traballo realizado durante o proxecto de investigación Vixilancia con Telemetría Acústica do Comportamento de especies costeiras e avaliación da protección exercida por unha área mariña protexida ( TAC). O grupo de Ecoloxía Pesqueira do Departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM-CSIC) liderou desde o 2019 o proxecto TAC coa colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia ( PNMTIAG). O proxecto TAC baséase na aplicación de técnicas de telemetría acústica para o seguimento do movemento e comportamento de especies de peixes costeiros na contorna do arquipélago das Illas Cíes. Esta rede fixa de vixilancia supuxo unha oportunidade única para entender o papel que o arquipélago xoga na ecoloxía espacial dalgunhas das especies de peixes costeiros máis emblemáticos dos fondos galegos. A través deste proxecto estableceuse unha rede fixa de observación do comportamento e movemento de organismos mariños no PNMTIAG converténdoo nun laboratorio de experimentación natural único. Actualmente esta rede formará parte da iniciativa de investigación europea European Tracking Network ( ETN ). Os resultados aquí presentados mostran que as especies mariñas estudadas presentan diferente comportamento espacial no PNMTIAG. Observáronse especies altamente sedentarias que desenvolven practicamente a totalidade do seu ciclo vital en augas do parque nacional como pode ser a maragota, Labrus bergylta Ascanius 1767, mentres que outras mostran certa estacionalidade na súa presenza en áreas moi concretos do parque como pode ser raia mosaico, Raja undulata ( Lacepède, 1802). Doutra banda, a actividade destas especies varía en ciclos diarios determinados polo seu comportamento. Entender estes aspectos da ecoloxía espacial de especies relevantes para o PNMTIAG é clave para lograr un deseño adecuado e unha xestión efectiva baseada no coñecemento científico. En definitiva, este documento pretende ser unha breve guía práctica que facilite a transferencia do coñecemento xerado a partir do proxecto de investigación TAC tanto aos xestores deste espazo natural como para calquera persoa que quere senta traída pola xestión de espazos naturais protexidos.

Ler máis

Las praderas de Zostera marina L. del Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia y territorios adyacentes: distribución, abundancia y flora asociada

Este traballo da a coñecer a distribución, extensión, características, biodiversidade e flora asociada das praderías de Zostera mariña no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ( PNIAG) e territorios adxacentes. Atopáronse praderías de Z. mariña nos arquipélagos de Sálvora e Cortegada, mentres que a pradería que existía nas Illas Cíes en 1982 desapareceu. A extensión total das praderías do parque alcanza 1,03 ha. A pradería de Sálvora é a que presenta maiores valores tanto de cobertura e densidade como de anchura das follas de Z. mariña, mentres que as plantas de Cortegada son máis altas. Atopáronse inflorescencias nas praderías de Sálvora e Cortegada. A flora asociada total (substrato + epífitos) mostrou unha elevada riqueza específica, 89 especies: 60 Rhodophyta, 18 Ochrophyta e 11 Chlorophyta. Dezaoito especies epífitas foron atopadas nas follas de Z. mariña.

Ler máis

Life-history and behaviour of Labrus bergylta in Galicia.

A pesca artesanal en Galicia representa unha actividade moi importante dende o punto de vista económico, social e cultural. As medidas de xestión actual caracterízanse porque en moitos casos non seguen o coñecemento científico das especies que regulan, en parte porque moitas veces este é descoñecido. A maragota é un típico exemplo onde a xestión actual non parece adaptarse á bioloxía da especie. A única medida de xestión en Galicia, e tamén no resto de Europa, é o establecemento de tallas mínimas de captura. Sen embargo, a talla establecida de 20 cm en Galicia tampouco esta baseada en estudios científicos na área xestionada. Esta tese é motivada pola identificación de carencias importantes no coñecemento da bioloxía das especies pescadas pola flota artesanal galega. En concreto, seleccionouse esta especie por se unha das características dos ecosistemas galegos, pola súa importancia nas descargas e porque a súa dispoñibilidade nas lonxas estaba garantida para levar a cabo unha mostraxe regular ó longo do tempo.

Ler máis

Líquenes saxícolas y arenícolas del Parque Nacional de las Islas Atlánticas (Galicia, NW España)

Presentamos un catálogo florístico de 182 liques saxícolas e arenícolas resultado do estudo levado a cabo no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Analízase a flora de cada illa, destácase a presenza de especies cunha distribución restrinxida á Rexión Macaronésica ou ao N de África: Bactrospora carneopallida, Lecanographa grumulosa e Physcia scopulorum. Inclúese un esquema da zonación costeira e compárase cos datos coñecidos da costa inglesa.

Ler máis

Localización e composición da vexetación de acantilados costeiros d provincia de Pontevedra. Relevancia das Illas Cíes.

O presente estudo foi plantexado na necesidade de coñecer a composición e a distribución dos pasteiros aerohalófilos na provincia de Pontevedra, non unicamente polo seu interese intrínseco e aplicable á xestión do medio litoral, senón tamén como referencia pra valorar os resultados obtidos nas Cíes e porpor, se procede, novas categorías sintaxonómicas. Ademais, a existencia de especies endémicas das costas do noreste ibéricos, algunhas das cales precisan de medidas de conservación aumentaba o interese en coñecer en detalle a vexetación dos cantís costeiros da provincia e da totalidade do Sector Fitoxeográfico. Toda esta información resulta de aplicación directa na planificación, xestión e ordenamento do Parque Natural das Illas Cíes, do futuro PNMTIAG; doutros espazos propostos como LICs na futura rede europea de espazos naturais “Natura 2.000 e, en xeral, da totalidade do litoral pontevedrés, identificando as zonas de maior relevancia botánica.

Ler máis

Los fondos marinos de maërl del Parque Nacional de las Islas Atlánticas (Galicia, España): distribución, abundancia y flora asociada

Acométese o primeiro estudo sobre distribución, abundancia, extensión e flora asociada dos fondos submareais de maërl do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Realizáronse 158 prospeccións biolóxicas, en dúas épocas do ano, nos arquipélagos Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes mediante mostraxe combinada de draga e mergullo, localizándose poboacións de maërl no 40% dos casos. Os fondos maërl localízanse exclusivamente na fachada oriental dos arquipélagos de Sálvora, Ons e Cíes, onde ocupan unha extensión de 16 km2, distribuídos en 47 bancos de maërl puros ou mixtos con cascallo, area e lodo. No aspecto florístico, preséntase un catálogo ficolóxico composto por 130 especies (1 Cyanophyta, 99 Rhodophyta, 20 Phaeophyta e 10 Chlorophyta) asociadas ás poboacións de maërl. Destacan polo seu interese corolóxico para Galicia: Antithamnion villosum, Ceramium callipterum, Cruoria cruoriaeformis, Gelidiocolax margaritoides, Gelidiella calcicola, Gelidium maggsiae, Dudresnaya verticillata, Erythroglossum laciniatum, E. lusitanicum, Hypnea musciformis, Porphyrostromium ciliare, Spyridia griffithsiana, Trailliella intricata [ stadium], Acinetospora crinita, Carpomitra costata, Sphacelaria plumula, Derbesia tenuissima e Ulothrix subflaccida.

Ler máis

Monitorización de poboacións de flora insular catalogada, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG)

Descríbense os traballos para estima-la distribución e abundancia das especies catalogadas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas con presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia entre 2015 e 2017. As especies consideradas son: Erodium maritimum, Linaria arenaria, Omphalodes littoralis gallaecica, Rumex rupestris e Cytisus insularis. Compáranse os resultados con datos previos dos mesmos e outros autores. No caso de Linaria arenaria defínese un método rápido de estima de abundancia que está moi correlacionado coa densidade. Para Cytisus insularis amósanse tamén datos de mortalidade e reprodución.

Ler máis

Natrix maura en el medio marino de las Islas Atlánticas de Galicia

A cobra viperina ( Natrix maura) é un ofidio moi vinculado a ambientes acuáticos, habitando preferentemente contornas próximas á auga en ríos, lagoas e charcas (Braña, 1998; Santos, 2009). Esta especie parece tolerar ben as augas con concentracións salinas elevadas, xa que algunhas poboacións viven en estuarios, marismas ou lagoas costeiras asolagadas periodicamente polo mar ( Steward, 1971; Santos, 2000, 2009). A presenza de individuos desta especie en augas mariñas, dentro de charcas da zona intermareal, foi rexistrada en Andalucía ( Cabot & Olea, 1978), así como en determinadas localidades da costa galega, especialmente en Pontevedra e nalgunhas illas desta provincia, como os arquipélagos de Cíes e Ons (Galán, 1987, 2003, 2004; Galán & Fernández, 1993; Piñeiro et ao., 1998; P. Galán, datos non publicados). Na illa de Ons foi vista mesmo nadando en augas mariñas, a varios metros da costa, así como capturando peixes mariños ( blénidos) en charcas intermareales (Gómez da Torre in Galán, 1987; Galán, 2003). No curso dunha serie de estudos realizados desde a década dos anos 1980 sobre a herpetofauna das illas do sur de Galicia (arquipélagos de Cíes e Ons, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) púidose comprobar a existencia de poboacións deste ofidio ligadas parcial ou exclusivamente a ambientes mariños (Galán, 2003, 2004). Na presente nota complementamos a información dos anteriores estudos con novos datos obtidos nas illas en anos recentes (Galán, 2007, 2008; P. Galán, datos non publicados).

Ler máis

O xacementos romano do Cantil de Canexol (Illa de Ons, Bueu). O esquecemento do recurso mariño

Neste artigo trátase de documentar un xacemento arqueolóxico na illa de Ons, concretamente na praia de Canexol (Pontevedra, Galicia) que polos seus indicios arqueolóxicos, podería tratarse dunha factoría de salgadura de época romana destinada á conservación do peixe. Este xacemento que pasou desapercibido ata fai pouco tempo, ven a ocupar o baleiro crono-cultural da illa e que pon de manifesto a ocupación continua deste territorio dende épocas prehistóricas ata a actualidade. O tempo ven a remarcar a paisaxe mariñeira que caracterizou desde sempre este territorio insular onde os seus recursos mariños foron e seguen sendo un dos elementos fundamentais da economía e formas de vida dos habitantes da illa.

Ler máis

Plan de manejo y gestión de los reptiles del Parque Naciona Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia

Las islas son medios frágiles, que soportan muy mal cualquier tipo de alteración, y en las que los procesos de extinción suelen formar parte de la dinámica faunística. La declaración de las islas atlánticas del sur de Galicia como Parque Nacional ha constituido una medida muy favorable para la protección de las especies. Sin embargo, este hecho no tiene por qué asegurar necesariamente que los organismos que las pueblan estén libres de estos procesos de declive y extinción. La realización de un plan de seguimiento de la evolución de las poblaciones insulares constituye el mejor medio de obtener la información necesaria para poder detectar estos procesos de extinción y proponer determinadas medidas para la conservación de las especies y de sus hábitats. El Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia está formado por diversas islas e islotes de superficie muy diversa (desde 428 ha hasta menos de 1 ha), estimándose la antigüedad de su aislamiento, para las islas más alejadas de la costa, en 8.000-9.000 años, cuando la subida postglacial del nivel del mar las aisló de tierra firme, según datos de la evolución de la línea de costa desde el último máximo glacial (Dias et al., 2000). Su fauna de reptiles, aislada de las poblaciones costeras desde ese momento, está formada en la actualidad por 9 especies, variando el número y composición según varios factores, entre los que destaca el tamaño de la isla (hasta 7 especies en Ons, de más de 400 ha, y sólo una en las islas de menos de 5 ha) (Galán, 2003a). Es posible que se hayan producido extinciones recientes que disminuyesen esta diversidad (Galán, 2003a), como se ha descrito en otros archipiélagos costeros (Foufopoulos & Ives, 1999). Los reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas forman la representación más diversa de vertebrados no voladores presentes en este espacio natural. Constituyen por lo tanto, uno de los principales elementos faunísticos y de patrimonio natural existente en ellas. Sin embargo, el hecho de tratarse de islas de reducida superficie hace que el número de individuos que integra las poblaciones de reptiles sea bajo o, en ocasiones (como en el caso de los ofidios o algunos eslizones) muy bajo (Galán, 2003b). El reducido tamaño de algunas de estas poblaciones insulares las hace, por lo tanto, muy vulnerables a los cambios originados por las actividades humanas, como por ejemplo, el uso intensivo de las aguas dulces, las plantaciones masivas de árboles alóctonos, la introducción de gatos, de ratas, etc. También constituyen un factor de amenaza el cese de determinadas actividades agrícolas y ganaderas del pasado (en las islas más grandes), que limitaban el excesivo desarrollo del matorral y mantenían numerosos puntos de agua dulce y hábitats favorables para la herpetofauna. Hay que considerar también otros factores, como la gran expansión poblacional experimentada en las últimas décadas por las colonias reproductoras de la gaviota patiamarilla, que han producido alteraciones en el hábitat (especialmente severas en algunos islotes pequeños, pero también en islas mayores). Todo esto ha originado ya importantes declives poblacionales (Galán, 2003a). No debemos olvidar tampoco que además de su valor como elementos destacados de la biodiversidad del Parque, se han comprobado también cambios en las estrategias vitales en ciertas especies con respecto a las poblaciones conespecíficas de tierra firme, como indicio de posibles procesos microevolutivos diferenciales (Galán, 2003a). Entre éstos se pueden destacar los siguientes: 1. Diferencias en el uso del espacio de la culebra viperina (Natrix maura). Las poblaciones de las islas Cíes y Ons de este ofidio utilizan las aguas marinas para la búsqueda de presas, depredando sobre peces marinos (ampliación del nicho espacial y trófico), existiendo incluso una población en la isla de Onza que depende exclusivamente del agua marina (Galán, 2004). 2. Cambios en el comportamiento social del lagarto ocelado (Timon lepidus = Lacerta lepida). En las islas Cíes se ha descrito una conducta gregaria y poligínica (formación de harenes por parte de algunos machos), no observada en los lagartos de tierra firme (Galán, 2000). 3. Cambios en el tamaño corporal. Determinadas poblaciones de herpetos muestran un notable incremento de su tamaño con respecto a las poblaciones de tierra firme (“gigantismo insular”); por ejemplo, Podarcis hispanica (archipiélago de Sálvora y otros) o Natrix maura (Onza) (Galán, 2003c). Todo esto le confiere a la herpetofauna reptiliana del Parque Nacional un extraordinario valor científico, convirtiéndose, por lo tanto, en uno de los activos naturales más importantes de este espacio natural. Este trabajo se plantea conocer la distribución y el estado de conservación de las poblaciones de reptiles insulares y, en base a esta información, plantear un plan de gestión y manejo de esta importante parte de la fauna del Parque Nacional.

Ler máis

Plan de mellora e aproveitamento dos recursos hidráulicos no Parque Natural das Illas Cíes

Os obxectivos xerais do proxecto son: 1) contribuir á mellora nas infraestruturas do parque 2) facer que o sistema de loita contra incendios sexa o adecuado para garantizar a seguridade tanto da xente que visita o parque como da fauna, que se ve afectada polo factor humano cando alguén planta lume 3) facer que o coste por persoa de visita ó parque sexa menor por dispoñer de puntos de agua potable e non ter así que comprala nas tendas que nas illas 4) mellora-las condicións hixiénicas da xente que vai visitar o parque na temporada de estiaxe das fontes e puntos de agua 5) contribuir á mellora global dos servicios prestados polo parque tanto ás persoas que o visitan diariamente como á fauna que nel reside. Os obxectivos específicos do parque son: 1) Potabilización da auga das fontes nas cales non se fagan necesarios complicados sistemas de depuración 2) Ampliar as captacións, na medida do posible, co fin de que non haxa escasez de auga nos momentos chave do verán e tódolos visitantes poidan usar as fontes.

Ler máis

Posta en marcha do programa de vixilancia do estado de conservación da ensamblaxe de morcegos doo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. (Memoria-resumo)

O presente proxecto dá continuidade ao proxecto “Seguimento do estado de conservación das poboacións de morcegos do PNMTIAG I. Mostraxes exploratoria para a determinación do uso do hábitat, da dinámica poboacional e da evolución da abundancia relativa” finalizado no 2011, e ten por obxectivo xeral poñer en práctica o programa de vixilancia do estado de conservación da ensamblaxe de quirópteros do PNMTIAG, establecéndose ademais vínculos coa Rede de seguimento do cambio global impulsada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais.

Ler máis

Prestige oil spill. Results of bioremation assays on supratidal roks of Sálvora Island (Galice, spain)

The conditions in which the Pestige oil spill (November, 2002) took place, caused a coastal pollution up to tidal levels reached only very few times per year. This circumstance made necessary to apply to the rocks, after the manual or mechanical collection procedures were no longer useful, cleaning methods with presurized water and, in difficult accessible areas, bioremediation treatments. To verify the efficiency of different bioremediation approaches, a comparative assay of several formulations was started in March 2003 on a highly affected rocky area of Sálvora island (National Park of the Atlantic Islands, Galicia, Northwest Spain). In this work the results of the more effective procedures are presented, and some general aspects of the bioremediation on rocky substrates are discussed.

Ler máis

Programa de monitorización de flora y fauna terrestre en el Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia

Deseño e elaboración dun Programa de monitoraxe da flora e a fauna terrestre no PNMTIAG, para o que se expuxeron catro contidos básicos: - Recompilación documental de requirimentos legais e de programas de seguimento e monitorización postos en práctica en diferentes áreas xeográficas e espazos naturais. - Compilación e valoración de inventarios, catálogos e outros traballos emprendidos acerca da biodiversidade terrestre do Parque Nacional. - Elaboración e deseño dos contidos do Programa de Seguimento e monitorización de flora e fauna terrestre do Parque Nacional. - Deseño dunha ferramenta informática para o seguimento da biodiversidade por parte do persoal do Parque.

Ler máis

Prospección arqueológica subcuática en el PNMTIAG, Islas Cíes.

Estudo e cartografía de restos de interese patrimonial submarino que puidesen ser localizados nas zonas propostas de prospección na contorna das illas Cíes.

Ler máis

Prospección arqueolóxica superficial intensiva da Illa de Cortegada. Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Traballo de estudio do patrimonio arqueolóxico da Illa de cara a ter en conta os seus resultados para o deseño de futuras obras a acometer.

Ler máis

Resultados de la prospección herpetologica en Islas Cíes, Foio Castaño-Trevinca, Xurés-Laboreiro

Documento que mostra os resultados correspondentes ás Illas Cíes do citado título. Móstranse datos de presenza-ausencia por cuadrículas de 5 x 5 km, valoración das distintas especies en base a sete criterios, valoración da importancia de 6 factores de ameaza e citas de especies de detección esporádica. Mostraxe realizada no marco do proxecto Valoración de áreas importantes de anfibios y reptiles de España.

Ler máis

Revisión y ampliación del documento de diagnóstico. Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.

O presente documento presenta o diagnóstico de xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Desde a redacción en 2005 do primeiro documento de diagnóstico ( Tragsatec, 2005), a realidade do Parque Nacional cambiou considerablemente, coa súa transferencia á Xunta de Galicia e a xeración dun importante volume de información tras sufrir o impacto do accidente do Prestige, o cal consumiu gran parte dos recursos dispoñibles. Esta situación facía necesario a análise e a síntese dos novos coñecementos adquiridos, así como a vinculación de todos eles á xestión do espazo natural. O documento estrutúrase ao redor de sete grandes capítulos: a) descrición e valoración do medio natural, b) descrición e valoración do medio cultural, c) usos e aproveitamentos, d) infraestruturas e instalacións existentes, e) contorna socioeconómica, f) recursos humanos, e g) xestión e conservación do medio. En base a todos eles faise unha proposta de zonificación, co único obxectivo de servir como documento de traballo sobre o cal definir a zonificación final. Desenvolveuse co dobre obxectivo de dar a coñecer que é o Parque Nacional a quen desexe ir máis aló do que as guías divulgativas existentes recollen, pero principalmente o de ser un instrumento de apoio ao xestor no deseño de programas e na toma de decisións en materia de conservación, documento no que atope unha síntese da situación actual do Parque Nacional (febreiro de 2009), e co que poida identificar as interconexións existentes entre os diferentes valores que acolle entre se e cos usos que nel desenvólvense, así como as súas complexas relacións coa contorna. Trátase dun documento de base, que convén ser desenvolto con maior detalle a diferentes escalas de traballo; e dinámico, que deberá ser adaptado a medida que se vaian xerando novos coñecementos. Presenta un longo pero apaixonante camiño de retos en materia de xestión e manexo de recursos naturais e culturais, brindándose unha gran oportunidade para conseguir un cambio progresivo de mentalidades, estruturas e formas de facer á hora de abordar a sempre complicada tarefa de conservar o patrimonio natural.

Ler máis

Sálvora. Illa das mulleres salvadoras

Rescate da tripulación do Santa Isabel mediante dornas tripuladas por habitantes da illa de Sálvora. Unha das dornas tripulada por Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández que terían un papel fundamental na salvación de moitas vidas.

Ler máis

Seguimento da avifauna no Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (2010).

Monitorización de avifauna reprodutora, obxecto da presente memoria: -Gaivota escura (Larus fuscus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes. -Gaivotón (Larus marinus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes. -Falcón peregrino (Falco peregrinus). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Lagarteiro (Falco tinnunculus). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Andorión (Tachymarptis melba). Estima de efectivos reprodutores e distribución. -Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Censo, distribución e éxito reprodutor. -Galla pequena (Corvus monedula).Censo, distribución e éxito reprodutor.

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galic. Resultados 2014.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2014 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados 2013.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2013 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento das comuniades mariñas presentes na Lagoa dos Nenos

Realízase o seguimento e avaliación do estado de conservación das comunidades, e principais poboacións que se desenvolven na Lagoa dos Nenos. A parir da análise dos datos obtidos e da comparación cos coñecementos conqueridos no ano 2000, preténdese obter unha visión xeral da variación ou estabilidade do ecosistema, e afondar no coñecemento deste enclave de gran fraxilidade e elevado valor ecolóxico, como se derivou no estudio realizado no 2000.

Ler máis

Seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados de 2015 e 2016.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2016 do programa de seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En 2016 o seguimento atinxiu a 5 das 6 especies de aves mariñas reprodutoras no Parque: o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a gaivota patiamarela (Larus michahellis), a gaivota de asa escura (Larus fuscus), o Gaivotón (Larus marinus) e máis a pardela cincenta (Calonectris diomedea). O documento inclúe ademáis datos correspondentes ao ano 2015 sobre a dieta, o éxito reproductor en dunas e a mortalidade por síndrome de parálise nas poboacións de gaivota patiamarela.

Ler máis

Seguimento das poboacións de Zantedeschia aethiopica en parcelas sometidas a tratamentos de eliminación de invasoras aplicados pola empresa TRAGSA no 2018 na Illa de Sálvora

Durante o ano 2018 a empresa TRAGSA levou a cabo unha campaña de control de cala (Zantedeschia aethiopica) na illa de Sálvora, baixo o encargo do PNMTIAG. Durante a campaña probáronse dous métodos de control: a corta frecuente da cala (unha vez ó mes por medio de desbroce) e o arranque dos pés cos seus rizomas. Probouse a efectividade de ambólos dous métodos en 12 parcelas con distintas densidades de cala repartidas ó longo da illa e con tratamentos asignados aleatorizadamente. Mediuse o tamaño das plantas, a súa abundancia e floracón na primavera seguinte e comparouse estatísticamente o resultados dos tratamentos.

Ler máis

Seguimento dos efectos da erosión e do cambio climático en hábitats costeiros de interese comunitario no PNMTIAG.

Dispoñer dunha información actualizada en soporte dixital sobre os hábitats naturais-seminaturais constitúe un piar básico para o desenvolvemento doutros tipos de traballos de inventariación e xestión dos recursos naturais e da biodiversidade que se desenvolven no Parque, ademais de permitir trasladar parte desta informacion a actividades vinculadas co uso público. O desenvolvemento do presente traballo permitirá alcanzar os seguintes obxetivos: 1. Adecuación da cartografía ambiental do Parque Nacional 2. Cartografía actual. 3. Análise de cambio. 4. Elaboración de mapas temáticos.

Ler máis

Seguimiento de la avifaua en el Parque Nacional Marítimo Terrestre Islas Atlánticas de Galicia

En el Parque Nacional de las islas Atlánticas de Galicia, se ha confirmado la nidificación en 2005 de las cuatro especies de aves marinas ya registradas en años anteriores (Paíño europeo, Cormorán moñudo, Gaviota patiamarilla, Gaviota sombría), de una anátida (Ánade azulón) y una limícola (Chorlitejo patinegro), así como de las tres especies de rapaces y córvidos de habitos rupícolas con tendencia desfavorable en este espacio natural: Cernícalo vulgar, Chova piquirroja y Grajilla.

Ler máis

Seguimiento de la situación actual de las poblaciones de quirópteros en el Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia

O presente proxecto piloto pretende, de maneira práctica e exploratoria, abordar por primeira vez distintas cuestións (analizar e avaliar a dispoñibilidade e selección de lugares de reprodución e descanso, e tentar definir unha estratexia de conservación dos mesmos, que resolva tanto as necesidades de conservación de cada especie como , de ser o caso, as dos habitantes), nun espazo natural protexido en Galicia. Estímase que o PNMTIAG, onde están citadas polo menos dúas especies de morcegos, os morcegos común/mediterráneo ( Pipistrellus pipistrellus/ mediterraneus) e de horta ( Eptesicus reotinus) (Arcea, 2006), pode ser un bo lugar para desenvolvelo, ao que se lle engade un interese extra pola súa condición de insularidade. No presente proxecto desenvólvense traballos de asistencia técnica que teñen como obxectivo iniciar o desenvolvemento das seguintes cuestións: a) Estudar a dinámica e viabilidade poboacional das especies máis significativas b) Localizar os principais refuxios para os morcegos. c) Analizar e avaliar a dispoñibilidade de refuxios para os morcegos.

Ler máis

Seguimiento de las poblaciones de reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia

No informe realizado sobre o Plan de manexo e xestión dos réptiles do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Galán, 2007) indicabamos como unha das medidas xerais para a xestión dos réptiles insulares, a realización dun plan de seguimento (punto 8 da terceira parte do mencionado informe). Mediante este seguimento poderíase valorar a continuidade das poboacións e as variacións a medio e lago prazo do estado de conservación das diferentes especies en cada unha das illas que integran o espazo natural. Este plan de seguimento consistiría en seleccionar unha serie de zonas en cada illa, representativas dos hábitats principais en cada unha delas, e realizar mostraxes intensivas. Estas mostraxes tratarían de cuantificar o número de individuos de cada especie de réptil detectada e identificar os posibles cambios que se operasen nos hábitats que ocupan. Tamén sinalabamos que o estado real de determinadas poboacións representa aínda unha incógnita debido á enorme dificultade de detectar individuos de especies xa de seu moi incospícuas (como os ofidios ou o eslizón ibérico) cando o tamaño das súas poboacións reduciuse ao mínimo. É moi difícil nese caso o comprobar se a poboación en cuestión extinguiuse ou aínda perdura un pequeno remanente. Para iso realizamos durante o ano 2008 unha serie de mostraxes nos principais hábitats de cada illa, encamiñados a detectar as diferentes especies de réptiles presentes, estimar o tamaño das súas poboacións e avaliar o estado de conservación destas, así como o dos hábitats que ocupan. Na presente memoria indícanse os resultados obtidos.

Ler máis

Seguimiento de los ambientes sedimentarios de la Lagoa dos nenos y del complejo dunar de Muxieiros en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia.

A presente memoria inclúe os resultados obtidos do proxecto: SEGUIMENTO DOS AMBIENTES SEDIMENTARIOS DA LAGOA DOS NENOS E DO COMPLEXO DUNAR DE MUXIEIRO NO PNMTIAG, encargado polo Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (“unha maneira de facer Europa”). Consta de dous apartados principais: 1-ESTADO AMBIENTAL ACTUAL E SEGUIMENTO DA LAGOA DOS NENOS 2-CARACTERIZACIÓN DAS CONDICIÓNS ACTUAIS DO COMPLEXO DUNAR

Ler máis