TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 81 a 88 de 88 resultados
Resultados por páxina

Seguimiento de los ambientes sedimentarios de la Lagoa dos Nenos y del Complejo dunar de Muxiero en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia (Primeros resultados)

A presente memoria inclúe os primeiros resultados obtidos do proxecto: Seguimento dos ambientes sedimentarios da Lagoa dos Nenos e do complexo Dunar de Muxieiro no PNMTIAG, o cal inclúe dous apartados principais: A- Estado ambiental actual e seguimento da lagoa. b- Caracterización das condicións actuais do complexo dunar. Previo á análise dos mesmos, en primeiro lugar preséntanse os resultados de dous aspectos que axudan á contextualización e coñecemento do comportamento dos dous ambientes sedimentarios obxecto de estudo, lagoa dos Nenos e Complexo Dunar, estes son: 1- Análise do clima marítimo 2-Cartografía da zona mediante fotografía aérea.

Ler máis

Seguimiento del estado de conservación de Zostera noltei (hábitat 1140) en los estuarios de la Región Biogeográfica Atlántica Española.

A fanerógama mariña Zostera noltei é unha especie protexida (Hábitat 1140 segundo a Directiva Hábitats 92/43/CEE), que coloniza os estuarios do norte de España e que está incluída no Catálogo Español de Especies Ameazadas (Real Decreto 139/2011). O efecto combinado de presións de orixe natural e antrópico favoreceu que nas últimas décadas as praderías de Zostera noltei dos estuarios cantábricos haxan reducido o seu tamaño, atópense fragmentados, e mesmo desaparecesen dalgunhas zonas. Deter e reverter esta tendencia require deseñar modelos de xestión adaptativos que recoñezan o estado de conservación, reconecten as áreas fragmentadas, e identifiquen as praderías que deben ser protexidas, e as que están danadas e necesitan ser restauradas. A hipótese que sustenta o proxecto PRADERA é que a caracterización e vixilancia de comunidades mono-específicas pode abordarse a partir de aproximacións combinadas de teledetección e datos in situ. A vantaxe da teledetección respecto outras técnicas de vixilancia, reside na súa capacidade para observar grandes extensións de forma periódica, na homoxeneidade da toma de datos e na gran oferta de imaxes dispoñibles. Esta serie de vantaxes permite deseñar metodoloxías e protocolos para sistematizar e estandarizar o seguimento do estado de conservación e para cuantificar cambios na provisión de servizos ecosistémicos en zonas de alto valor ambiental. O proxecto PRADERA, que dá continuidade ao proxecto NANO tamén apoiado pola Fundación Biodiversidade (http://nano.ihcantabria.com), ten por obxectivo actualizar o inventario, deseñar e aplicar unha rede de seguimento para caracterizar e avaliar o estado de conservación e documentar os cambios espazo-temporais nos depósitos de carbono das praderías de Zostera noltei (hábitat 1140) na Rexión Biogeográfica Atlántica e, especificamente, na costa cantábrica. Neste marco xeral englóbase o obxectivo específico da Actividade A1, que é xerar a cartografía actual de Zostera noltei dos estuarios cantábricos e deseñar e aplicar unha Rede de avaliación e seguimento do seu estado de conservación, cuxa metodoloxía e principais resultados descríbense no presente informe.

Ler máis

Servizo de seguimento dos hábitats costeiros e terrestres. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Dentro das 1.195 ha terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia recoñecense ate 34 tipos de hábitats naturais e seminaturais incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE que abarcan un amplo espectro de biodiversidade biolóxica característica das áreas litorais da rexión bioxeográfica atlántica. Atópase no espazo delimitado polo Parque unha ampla representación de hábitats característicos de augas mariñas e medios de marea, acantilados costeiros e praias, marismas, dunas marítimas das costas atlánticas, queirogais de zonas temperadas, formacións herbáceas naturais e seminaturais e medios rochosos. O territorio comprendido polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, posúe na actualidade 6 figuras de protección de espazos naturais acorde coa Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Tres de estas figuras corresponden a categorías de Espazos Naturais Protexidos de ámbito nacional ou autonómico (Parque Nacional, Parque Natural, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais), dous de ámbito europeo, vinculadas á Rede Natura 2000 (LIC e ZEPA), e unha a espazos de ámbito internacional, ao ser declarada como zona protexida no marco do Convenio de Oslo- Paris (OSPAR). Os instrumentos que brindan estas categorías de protección (Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e Directiva Aves (DC 209/147/CEE)), así como outras disposicións legais e iniciativas a nivel internacional: Directiva Marco da auga (200/60/CEE); Convention on Biological Diversity (CBD) e Pan-European Biological and Landscape Diversity Strategy (PEBLDS, Sofia 1995); establecen criterios, indicadores e métodos destinados a analizar e avaliar o estado de conservación dos compoñentes da biodiversidade. Neste contexto, a importancia das labouras de seguemento e monitorización do estado de conservación dos hábitats naturais e das especies silvestres de interés comunitario está contemplada no Art. 11 da Directiva Hábitats (92/43/CEE); no que se consideran os traballos de vixiancia como unha obriga cuxos principais resultados deben ser enviados cada 6 anos á Comisión (Art.17). Máis recentemente a Estratexia de Biodiversidade 2020 incluiu asimesmo a monitorización e o seguemento dentro dos seus obxectivos; poñendo de manifesto a necesidade de medir a evolución do estado de conservación dos hábitats e especies de importancia europea para poder alcanzar metas mensurables a este respecto. A mellora e racionalización da vixiancia e a información recompilada contémplase nesta Estratexia co obxetivo de mellorar a dispoñibilidade e o uso dos datos xerados. Na configuración do plan de seguimento que se desenvolveu nos hábitats costeiros e terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, consideráronse como punto de partida, os estándares de monitorización aceptados a nivel internacional, así como os empregados ou adaptados aos obxectivos específicos do Convenio de OSPAR (OSPAR, 2008a,b; 2009a,b, 2010), da Rede Natura 2000 ou dentro de proxectos de seguimento (IGBP, ILTERN, REDOTE), axeitados ás características bioxeográficas, ambientais e territoriais do Parque. Tendo presente a importancia da dispoñibilidade da información xerada no desenvolvemento dos traballos, toda esta recompilouse nunha base de datos xeorreferenciada que facilitase o uso e intercambio da mesma. Na presente memoria final detallaranse os labores realizados durante este período, e os resultados obtidos no complimento dos obxectivos contemplados no plan de seguimento. O obxectivo xeral do presente proxecto é a creación e mantemento dun banco de datos xeo-referenciado para os diversos tipos de hábitats naturais, seminaturais e artificiais que conforman os medios terrestres e costeiros do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que permita avaliar a curto e medio prazo o seu estado de conservación, en relación cos cambios ambientais globais e rexionais, ou coas modificación e perturbacións que se producen a nivel sub-rexional e local. A creación, alimentación e depuración do banco de datos permitirá tanto o análise da situación pretérita e actual dos hábitats, como a modelización dos mesmos no ámbito de escenarios de cambio a curto e medio prazo. A información contida no banco de datos, servirá para cumprimentar a información ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas nas distintas redes temáticas de referencia, e de forma determinante na Long-Term Ecological Research Network (LTER); Red Española de Observaciones Temporales de Ecosistemas (REDOTE); Long-Term Biodiversity, Ecosystem and Awareness Research Network (ALTERnet).

Ler máis

Spatial pattern of vertical zonation of rocky shore organisms and the influence of ocean exposure at the Islas Cíes (NW Spain).

sampling was conducted around the intertidal coast of the Islas Cíes, (NW Spain) with the goal of determining the variation of the shore landspace, based on vertical zonation profiles of sessile organisms in relationship with the Atlantic Ocean influence. The Western Coast is heavy wave beaten and the Eastern Coast is sheltered. Many species coexist in a limited intertidal space of the sheltered than in the exposed shores. The sheltered coast presents in this way, a mosaic structure of their organisms. On the other hand few species dominated the cliffs of the west coast. In this section, the upper intertidal limit of distribution was raised by the increased of humidity caused by the splash and spray. The winds also favoured the presence at the high littoral level of organisms such as brown algae, lichens and vegetation. Multivariate techniques detected differences in the communities between exposed and sheltered shores as well as between the two main islands. Distribution of species in the intertidal zone was related to the particular geomorphological feature of the coast, such as coves, points or exposed cliffs. Four different landscape intertidal patterns of vertical zonation were represented by each island face. The algae, Asparagopsis armata and Bifurcaria bifurcata characterized the sheltered North Island. Pelvetica canaliculata and Fucus spiralis had a greater presence in the sheltered side of the South Island. The fucoids were absent at the wave beaten shore. The lichens, Verrucaria maura and Caloplaca marina, and the Rhodophyta belt had a higher upper limit of distribution at the exposed sides of the North Island. Bare rock and the crust phase of Mastocarpus stellatus had a greater presence at the exposed side of the South Island.

Ler máis

Tamaño de la población de Corema album (L.) D. Don (Empetraceae) de las Islas Cíes

O reconto do número de individuos da poboación de Corema album das illas Cíes tentouse noutras dúas ocasións anteriormente. No ano 1991 iniciouse un primeiro censo, chegando a contabilizarse uns 400 individuos. Este primeiro reconto non abarcou toda a área ocupada pola Camariña e tampouco se estimou o número de individuos da poboación en función da porcentaxe de superficie estudada. No ano 1995, co fin de estimar a proporción de sexos desta poboación, fíxose un reconto do número de individuos masculinos e femininos que aparecián ao longo dun transecto duns 5 m de ancho por 300 de longo. Nesta ocasión contáronse un total de 445 individuos (228 masculinos e 217 femininos), e estimouse que nesta poboación (na superficie total ocupada por C. album) o número total de individuos estaría entre 1000 e 2000.

Ler máis

The evolution of viviparity in holocene islands: ecological adaptation versusphylogenetic descent along the transition from aquatic to terrestrial environments

Species that contain populations with different reproductive modes offer excellent opportunities to study the transition between such strategies.Salamandra salamandra(Linnaeus, 1758) is one of two species within theSalamandra–Lyciasalamandraclade which displays two reproductivemodes simultaneously. Along theS. salamandradistribution, the common reproductive mode is ovoviviparity although the species also hasviviparous populations in the northern Iberian Peninsula. The occurrence of viviparity has recently been reported in two small offshore islandpopulations on the Atlantic coast (NW Iberia), which originated after the last glacial period (8000–9000 years ago). In this paper, we analysedovoviviparous, hybrid and viviparous populations (inland and mainland) from 17 localities across the northern Iberian Peninsula using twomitochondrial markers (CytbandCOI,c. 1100 bp). Phylogenetic and phylogeographic analyses highly support that viviparity arose as anevolutionary novelty in theS. salamandraisland populations and that viviparous populations are therefore not monophyletic. The recentinsularity of Atlantic island populations leads us to conclude that the transition from ovoviviparity to viviparity can happen in a very short-timespan. Additionally, to determine the likely source of this evolutionary transition, we discuss how ecological pressures could have an effect on themaintenance of the ovoviviparous reproductive mode. Hence, taking into account the results of this study, we propose the consideration of theisland populations as an evolutionary unit for conservation purposes.

Ler máis

The yellow-legged gull, Larus michahellis, an occasional predator of Timon lepidus in the Atlantic Islands National Park (Galicia, NW Spain)

O lagarto arnal ( Timon lepidus) mantén poboacións de gran interese en varias illas, tanto polo seu status de conservación como polas particulares interaccións ecolóxicas que nelas desenvólvense. No caso do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, esta especie convive cunha importante colonia de cría de gaivota patiamarilla ( Larus michahellis). Desde o ano 2009 ata 2015 detectamos neste Parque Nacional sete casos de consumo de T. lepidus por L. michahellis. Trátase dunha conduta nunca antes documentada e de recente aparición, que podería estar relacionada cos efectos que o peche de entulleiras e a redución de descartes pesqueiros están a ter nesta especie de gaivota. O carácter ocasional desta depredación non fai esperar efectos apreciables nestas poboacións insulares de lagarto arnal.

Ler máis

Upper and Lower Limits of Rocky Shore Organisms at Different Spatial Scales and Wave Exposure (Islas Cies, Nw Spain).

A photographically sampling was conducted at Islas Cíes, NW, Spain with the goal of determinate the upper and lower limits of vertical distribution of sessile organisms on the intertidal rocky shore of this National Park. The response of the species to different Atlantic Ocean exposure was tested at west coast (exposed) and east coast (sheltered) of Islas Cíes. The sampling was made following a hierarchical spatial design. The contribution in the variation around the mean of the intertidal limits of each organism at diverse spatial scales in the rocky shore was estimated with Linear Mixed Effects Model with software R. The majority of the species were found to increase their upper limits in the exposed coast of the two islands. Several intertidal algae, mainly the fucoids, were absent at the exposed shore and this pattern could be influenced by excessive turbulence. The variation at large spatial scales was related to changes in the degree of exposure between islands. Physical characteristics and biological interactions accounted for the variability observed on the intertidal. The spatial heterogeneity introduces variability from very small to mid spatial scale. The species presented in the low intertidal have more variation at small scale (meter to tens of meters), and the organisms in the high intertidal vary their limits at medium scale (tens to hundreds of meters). The life cycle, adaptations, ecology and natural history of the intertidal organisms described in previous studies of Galician, Portuguese, and the British shores may explain the patterns found in Islas Cíes.

Ler máis