Resumen
A illa de Cortegada, pertencente ó Arquipélago de Cortegada e incluída no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, atópase situada na zona interna da ría de Arousa, fronte da parroquia de Santiago de Carril (Fig.1),
pertencente ó concello de Villagarcía de Arousa. A súa situación no interior da ría xusto na desembocadura do río Ulla, fai que a illa estea protexida da ondaxe do océano e presenten un relevo suave (a cota máxima chega ós 18m), onde se intercalan afloramentos rochosos, de relevo baixo, con zonas sedimentarias. Aparecen deste xeito poboacións de algas de zonas protexidas e semiexpostas, que soportan salinidades baixas. Atopáronse antecedentes da presenza das seguintes especies de algas no intermareal da illa de Cortegada: Ascophyllum nodosum, Fucus serratus, Fucus spiralis, Chondracanthus acicularis, Chaetomorpha sp. As marxes Leste e Norte da illa de Cortegada son zona de marisqueo, onde hai bancos marisqueiros, zonas de libre marisqueo e parques de cultivo (Fig. 2), polo que as poboacións de algas desta zona son alteradas para levar a cabo estas actividades.
A inexistencia de información cartográfica de vexetación intermareal actual da illa de Cortegada te sido o punto de partida deste traballo: a elaboración dunha cartografía básica a partir de inspeccións visuais e fotointerpretación, empregando un Sistema de Posicionamiento Global (GPS).
Taxonomías
-
Chromista
Ochrophyta
Phaeophyceae
Fucales
Fucaceae
Ascophyllum
Ascophyllum nodosum
-
Chromista
Ochrophyta
Phaeophyceae
Fucales
Fucaceae
Fucus
Fucus ceranoides
-
Chromista
Ochrophyta
Phaeophyceae
Fucales
Fucaceae
Fucus
Fucus serratus
-
Chromista
Ochrophyta
Phaeophyceae
Fucales
Fucaceae
Fucus
Fucus spiralis
-
Chromista
Ochrophyta
Phaeophyceae
Fucales
Fucaceae
Pelvetia
Pelvetia canaliculata
-
Plantae
Chlorophyta
Ulvophyceae
Cladophorales
Cladophoraceae
Chaetomorpha
-
Plantae
Chlorophyta
Ulvophyceae
Ulvales
Ulvaceae
Ulva
Ulva intestinalis
-
Plantae
Rhodophyta
Florideophyceae
Gigartinales
Caulacanthaceae
Caulacanthus
Caulacanthus ustulatus
-
Plantae
Rhodophyta
Florideophyceae
Gigartinales
Gigartinaceae
Chondracanthus
Chondracanthus acicularis
-
Plantae
Rhodophyta
Florideophyceae
Gigartinales
Phyllophoraceae
Mastocarpus
Mastocarpus stellatus