O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora
vascular ameazada Linaria arenaria DC., Rumex rupestris Le Gall. e Erodium
maritimum (L.) L’Her, todas elas catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la
Flora Vascular Española (Bañares et al., 2003) ou no borrador do Catálogo Galego de
Especies Ameazadas (DOGA, 2007). Tamén se comezaron a abordar outros aspectos da
bioloxía da conservación destas especies.
As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque
Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos
que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe
está estructurado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha
delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais,
hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e sinalamos unhas medidas básicas de
xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada núcleo.
Para Linaria arenaria sumarizamos os datos dispoñíbeis desde 2002, presentando e
analizando a evolución das súas poboacións no territorio do Parque Nacional.
O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora
vascular ameazada Cytisus insularis S. Ortiz, Linaria arenaria DC., Rumex rupestris
Le Gall. e Erodium maritimum (L.) L’Her. A fraxilidade que padecen as poboacións
destes táxones reflíctese ao ser catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la Flora
Vascular Española ou no borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque
Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos
que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe
está estruturado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha
delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais,
hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e apuntamos cara a toma de medidas
básicas de xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada
núcleo. Confiamos en que este material contribúa á xestión destas especies e garanta o
seu futuro no Parque Nacional.