TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 2 de 2 resultados
Resultados por páxina

Estado de conservación e inventario de especies vexetais ameazadas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora vascular ameazada Linaria arenaria DC., Rumex rupestris Le Gall. e Erodium maritimum (L.) L’Her, todas elas catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la Flora Vascular Española (Bañares et al., 2003) ou no borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas (DOGA, 2007). Tamén se comezaron a abordar outros aspectos da bioloxía da conservación destas especies. As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe está estructurado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais, hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e sinalamos unhas medidas básicas de xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada núcleo. Para Linaria arenaria sumarizamos os datos dispoñíbeis desde 2002, presentando e analizando a evolución das súas poboacións no territorio do Parque Nacional.

Ler máis

Flora ameazada do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Cartografía, censo, hábitat e conservación

O presente informe céntrase na cartografía e estado poboacional das especies de flora vascular ameazada Cytisus insularis S. Ortiz, Linaria arenaria DC., Rumex rupestris Le Gall. e Erodium maritimum (L.) L’Her. A fraxilidade que padecen as poboacións destes táxones reflíctese ao ser catalogadas en traballos como o Libro Rojo de la Flora Vascular Española ou no borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. As especies tratadas foron obxecto dunha mostraxe intensiva no territorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Presentamos como resultados a cartografía dos núcleos que compoñen as poboacións nos diversos arquipélagos do Parque Nacional. O informe está estruturado en capítulos, un por cada unha das especies tratadas. De cada unha delas aportamos, ademais dunha cartografía detallada, datos dos tamaños poboacionais, hábitat de cada núcleo, problemática ambiental e apuntamos cara a toma de medidas básicas de xestión para o mantemento ou incremento dos efectivos poboacionais de cada núcleo. Confiamos en que este material contribúa á xestión destas especies e garanta o seu futuro no Parque Nacional.

Ler máis