TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 71 a 80 de 88 resultados
Resultados por páxina

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galic. Resultados 2014.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2014 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados 2013.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2013 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento das comuniades mariñas presentes na Lagoa dos Nenos

Realízase o seguimento e avaliación do estado de conservación das comunidades, e principais poboacións que se desenvolven na Lagoa dos Nenos. A parir da análise dos datos obtidos e da comparación cos coñecementos conqueridos no ano 2000, preténdese obter unha visión xeral da variación ou estabilidade do ecosistema, e afondar no coñecemento deste enclave de gran fraxilidade e elevado valor ecolóxico, como se derivou no estudio realizado no 2000.

Ler máis

Seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados de 2015 e 2016.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2016 do programa de seguimento das poboacións de aves mariñas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En 2016 o seguimento atinxiu a 5 das 6 especies de aves mariñas reprodutoras no Parque: o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a gaivota patiamarela (Larus michahellis), a gaivota de asa escura (Larus fuscus), o Gaivotón (Larus marinus) e máis a pardela cincenta (Calonectris diomedea). O documento inclúe ademáis datos correspondentes ao ano 2015 sobre a dieta, o éxito reproductor en dunas e a mortalidade por síndrome de parálise nas poboacións de gaivota patiamarela.

Ler máis

Seguimento das poboacións de Zantedeschia aethiopica en parcelas sometidas a tratamentos de eliminación de invasoras aplicados pola empresa TRAGSA no 2018 na Illa de Sálvora

Durante o ano 2018 a empresa TRAGSA levou a cabo unha campaña de control de cala (Zantedeschia aethiopica) na illa de Sálvora, baixo o encargo do PNMTIAG. Durante a campaña probáronse dous métodos de control: a corta frecuente da cala (unha vez ó mes por medio de desbroce) e o arranque dos pés cos seus rizomas. Probouse a efectividade de ambólos dous métodos en 12 parcelas con distintas densidades de cala repartidas ó longo da illa e con tratamentos asignados aleatorizadamente. Mediuse o tamaño das plantas, a súa abundancia e floracón na primavera seguinte e comparouse estatísticamente o resultados dos tratamentos.

Ler máis

Seguimento dos efectos da erosión e do cambio climático en hábitats costeiros de interese comunitario no PNMTIAG.

Dispoñer dunha información actualizada en soporte dixital sobre os hábitats naturais-seminaturais constitúe un piar básico para o desenvolvemento doutros tipos de traballos de inventariación e xestión dos recursos naturais e da biodiversidade que se desenvolven no Parque, ademais de permitir trasladar parte desta informacion a actividades vinculadas co uso público. O desenvolvemento do presente traballo permitirá alcanzar os seguintes obxetivos: 1. Adecuación da cartografía ambiental do Parque Nacional 2. Cartografía actual. 3. Análise de cambio. 4. Elaboración de mapas temáticos.

Ler máis

Seguimiento de la avifaua en el Parque Nacional Marítimo Terrestre Islas Atlánticas de Galicia

En el Parque Nacional de las islas Atlánticas de Galicia, se ha confirmado la nidificación en 2005 de las cuatro especies de aves marinas ya registradas en años anteriores (Paíño europeo, Cormorán moñudo, Gaviota patiamarilla, Gaviota sombría), de una anátida (Ánade azulón) y una limícola (Chorlitejo patinegro), así como de las tres especies de rapaces y córvidos de habitos rupícolas con tendencia desfavorable en este espacio natural: Cernícalo vulgar, Chova piquirroja y Grajilla.

Ler máis

Seguimiento de la situación actual de las poblaciones de quirópteros en el Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia

O presente proxecto piloto pretende, de maneira práctica e exploratoria, abordar por primeira vez distintas cuestións (analizar e avaliar a dispoñibilidade e selección de lugares de reprodución e descanso, e tentar definir unha estratexia de conservación dos mesmos, que resolva tanto as necesidades de conservación de cada especie como , de ser o caso, as dos habitantes), nun espazo natural protexido en Galicia. Estímase que o PNMTIAG, onde están citadas polo menos dúas especies de morcegos, os morcegos común/mediterráneo ( Pipistrellus pipistrellus/ mediterraneus) e de horta ( Eptesicus reotinus) (Arcea, 2006), pode ser un bo lugar para desenvolvelo, ao que se lle engade un interese extra pola súa condición de insularidade. No presente proxecto desenvólvense traballos de asistencia técnica que teñen como obxectivo iniciar o desenvolvemento das seguintes cuestións: a) Estudar a dinámica e viabilidade poboacional das especies máis significativas b) Localizar os principais refuxios para os morcegos. c) Analizar e avaliar a dispoñibilidade de refuxios para os morcegos.

Ler máis

Seguimiento de las poblaciones de reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia

No informe realizado sobre o Plan de manexo e xestión dos réptiles do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Galán, 2007) indicabamos como unha das medidas xerais para a xestión dos réptiles insulares, a realización dun plan de seguimento (punto 8 da terceira parte do mencionado informe). Mediante este seguimento poderíase valorar a continuidade das poboacións e as variacións a medio e lago prazo do estado de conservación das diferentes especies en cada unha das illas que integran o espazo natural. Este plan de seguimento consistiría en seleccionar unha serie de zonas en cada illa, representativas dos hábitats principais en cada unha delas, e realizar mostraxes intensivas. Estas mostraxes tratarían de cuantificar o número de individuos de cada especie de réptil detectada e identificar os posibles cambios que se operasen nos hábitats que ocupan. Tamén sinalabamos que o estado real de determinadas poboacións representa aínda unha incógnita debido á enorme dificultade de detectar individuos de especies xa de seu moi incospícuas (como os ofidios ou o eslizón ibérico) cando o tamaño das súas poboacións reduciuse ao mínimo. É moi difícil nese caso o comprobar se a poboación en cuestión extinguiuse ou aínda perdura un pequeno remanente. Para iso realizamos durante o ano 2008 unha serie de mostraxes nos principais hábitats de cada illa, encamiñados a detectar as diferentes especies de réptiles presentes, estimar o tamaño das súas poboacións e avaliar o estado de conservación destas, así como o dos hábitats que ocupan. Na presente memoria indícanse os resultados obtidos.

Ler máis

Seguimiento de los ambientes sedimentarios de la Lagoa dos nenos y del complejo dunar de Muxieiros en el Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia.

A presente memoria inclúe os resultados obtidos do proxecto: SEGUIMENTO DOS AMBIENTES SEDIMENTARIOS DA LAGOA DOS NENOS E DO COMPLEXO DUNAR DE MUXIEIRO NO PNMTIAG, encargado polo Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (“unha maneira de facer Europa”). Consta de dous apartados principais: 1-ESTADO AMBIENTAL ACTUAL E SEGUIMENTO DA LAGOA DOS NENOS 2-CARACTERIZACIÓN DAS CONDICIÓNS ACTUAIS DO COMPLEXO DUNAR

Ler máis