Os obxectivos xerais do proxecto son:
1) contribuir á mellora nas infraestruturas do parque
2) facer que o sistema de loita contra incendios sexa o adecuado para garantizar a seguridade tanto da xente que visita o parque como da fauna, que se ve afectada polo factor humano cando alguén planta lume
3) facer que o coste por persoa de visita ó parque sexa menor por dispoñer de puntos de agua potable e non ter así que comprala nas tendas que nas illas
4) mellora-las condicións hixiénicas da xente que vai visitar o parque na temporada de estiaxe das fontes e puntos de agua
5) contribuir á mellora global dos servicios prestados polo parque tanto ás persoas que o visitan diariamente como á fauna que nel reside.
Os obxectivos específicos do parque son:
1) Potabilización da auga das fontes nas cales non se fagan necesarios complicados sistemas de depuración
2) Ampliar as captacións, na medida do posible, co fin de que non haxa escasez de auga nos momentos chave do verán e tódolos visitantes poidan usar as fontes.
O presente proxecto dá continuidade ao proxecto “Seguimento do estado de conservación das poboacións de morcegos do PNMTIAG I. Mostraxes exploratoria para a determinación do uso do hábitat, da dinámica poboacional e da evolución da abundancia relativa” finalizado no 2011, e ten por obxectivo xeral poñer en práctica o programa de vixilancia do estado de conservación da ensamblaxe de quirópteros do PNMTIAG, establecéndose ademais vínculos coa Rede de seguimento do cambio global impulsada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais.
The conditions in which the Pestige oil spill (November, 2002) took place, caused a coastal
pollution up to tidal levels reached only very few times per year. This circumstance made
necessary to apply to the rocks, after the manual or mechanical collection procedures were
no longer useful, cleaning methods with presurized water and, in difficult accessible areas,
bioremediation treatments. To verify the efficiency of different bioremediation approaches,
a comparative assay of several formulations was started in March 2003 on a highly
affected rocky area of Sálvora island (National Park of the Atlantic Islands, Galicia,
Northwest Spain). In this work the results of the more effective procedures are presented,
and some general aspects of the bioremediation on rocky substrates are discussed.
Deseño e elaboración dun Programa de monitoraxe da flora e a fauna terrestre no PNMTIAG, para o que se expuxeron catro contidos básicos:
- Recompilación documental de requirimentos legais e de programas de seguimento e monitorización postos en práctica en diferentes áreas xeográficas e espazos naturais.
- Compilación e valoración de inventarios, catálogos e outros traballos emprendidos acerca da biodiversidade terrestre do Parque Nacional.
- Elaboración e deseño dos contidos do Programa de Seguimento e monitorización de flora e fauna terrestre do Parque Nacional.
- Deseño dunha ferramenta informática para o seguimento da biodiversidade por parte do persoal do Parque.
Estudo e cartografía de restos de interese patrimonial submarino que puidesen ser localizados nas zonas propostas de prospección na contorna das illas Cíes.
Documento que mostra os resultados correspondentes ás Illas Cíes do citado título. Móstranse datos de presenza-ausencia por cuadrículas de 5 x 5 km, valoración das distintas especies en base a sete criterios, valoración da importancia de 6 factores de ameaza e citas de especies de detección esporádica. Mostraxe realizada no marco do proxecto Valoración de áreas importantes de anfibios y reptiles de España.
O presente documento presenta o diagnóstico de xestión do Parque Nacional
Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Desde a redacción en 2005 do
primeiro documento de diagnóstico ( Tragsatec, 2005), a realidade do Parque Nacional
cambiou considerablemente, coa súa transferencia á Xunta de Galicia e a
xeración dun importante volume de información tras sufrir o impacto do
accidente do Prestige, o cal consumiu gran parte dos recursos dispoñibles. Esta situación
facía necesario a análise e a síntese dos novos coñecementos
adquiridos, así como a vinculación de todos eles á xestión do espazo natural.
O documento estrutúrase ao redor de sete grandes capítulos: a) descrición e
valoración do medio natural, b) descrición e valoración do medio cultural, c) usos e
aproveitamentos, d) infraestruturas e instalacións existentes, e) contorna
socioeconómica, f) recursos humanos, e g) xestión e conservación do medio. En base
a todos eles faise unha proposta de zonificación, co único obxectivo de servir
como documento de traballo sobre o cal definir a zonificación final.
Desenvolveuse co dobre obxectivo de dar a coñecer que é o Parque
Nacional a quen desexe ir máis aló do que as guías divulgativas existentes recollen,
pero principalmente o de ser un instrumento de apoio ao xestor no deseño de programas
e na toma de decisións en materia de conservación, documento no
que atope unha síntese da situación actual do Parque Nacional (febreiro de 2009),
e co que poida identificar as interconexións existentes entre os diferentes
valores que acolle entre se e cos usos que nel desenvólvense, así como as súas
complexas relacións coa contorna.
Trátase dun documento de base, que convén ser desenvolto con maior
detalle a diferentes escalas de traballo; e dinámico, que deberá ser adaptado a medida
que se vaian xerando novos coñecementos.
Presenta un longo pero apaixonante camiño de retos en materia de xestión e
manexo de recursos naturais e culturais, brindándose unha gran oportunidade para
conseguir un cambio progresivo de mentalidades, estruturas e formas de facer á
hora de abordar a sempre complicada tarefa de conservar o patrimonio natural.
Rescate da tripulación do Santa Isabel mediante dornas tripuladas por habitantes da illa de Sálvora. Unha das dornas tripulada por Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández que terían un papel fundamental na salvación de moitas vidas.
Fonte: Nova Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial, ISSN 1699-3128, Nº. 4, 2007 (Ejemplar dedicado a: O mar tamén ten mulleres), págs. 39-42
Monitorización de avifauna reprodutora, obxecto da presente memoria:
-Gaivota escura (Larus fuscus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes.
-Gaivotón (Larus marinus). Censo, distribución, parámetros reprodutores (tamaño de posta, volume de ovos, densidade, éxito reprodutor) e lectura de marcaxes.
-Falcón peregrino (Falco peregrinus). Censo, distribución e éxito reprodutor.
-Lagarteiro (Falco tinnunculus). Censo, distribución e éxito reprodutor.
-Andorión (Tachymarptis melba). Estima de efectivos reprodutores e distribución.
-Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Censo, distribución e éxito reprodutor.
-Galla pequena (Corvus monedula).Censo, distribución e éxito reprodutor.