TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 7 de 7 resultados
Resultados por páxina

Cartografado de especies invasoras no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG)

Ponse a punto un algoritmo automatizado para a estima de abundancia dunha especie invasora (Zantedeschia aethiopica, cala) a partir de ortomosaicos obtidos por medio dun dron ou RPAs na illa de Sálvora. Compróbase a taxa de éxito do algoritmo a partir dun voo realizado en 2018 e de censos levados a cabo en campo en 54 parcelas por toda a illa e estímase a abundancia en tres áreas da illa en 2020.

Ler máis

Dinámica da rata negra (Rattus rattus) nas Illas Cíes

Tras unha breve introducción sobre as invasiones biolóxicas de illas por ratas, a chegada da rata negra ás nosas costas e as características ecológicas da rata negra, Rattus rattus, dase conta da evolución da abundancia da rata negra na illa de Monteagudo dende 1998 ata 2018. Para isto combínanse os resultados das últimas estimas levadas a cabo por eNeBaDa para o PNMTIAG cos resultados doutros traballos previos realizados por 1) o grupo de investigación de Luis Santamaría no marco dun proxecto de investigación sobre os complexos de invasión financiado polo OAPN e 2) o equipo da empresa XESTEC sobre a dinámica anual da rata negra nestas illas.

Ler máis

Eliminación de especies invasoras prioritarias na Illa de Faro (Arquipélago das Illas Cíes)

Realizouse unha serie de voos cun dron de alta precisión e sensor RGB, e cartografáronse as especies vexetais invasoras detectables a partir do ortomosaico obtido destas imaxes. Posteriormente priorizouse o tratamento dos distintos núcleos de cada especie, en base ó seu tamaño, localización e distancia a outros núcleos, cercanía a pistas transitable pola maquinaria e pendente.

Ler máis

Monitorización de poboacións de flora insular catalogada, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG)

Descríbense os traballos para estima-la distribución e abundancia das especies catalogadas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas con presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia entre 2015 e 2017. As especies consideradas son: Erodium maritimum, Linaria arenaria, Omphalodes littoralis gallaecica, Rumex rupestris e Cytisus insularis. Compáranse os resultados con datos previos dos mesmos e outros autores. No caso de Linaria arenaria defínese un método rápido de estima de abundancia que está moi correlacionado coa densidade. Para Cytisus insularis amósanse tamén datos de mortalidade e reprodución.

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galic. Resultados 2014.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2014 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento da poboación reprodutora de Gaivota patimarela (Larus michahellis) no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Resultados 2013.

Neste documento preséntanse os resultados correspondentes ao ano 2013 do programa de seguimento das poboacións reprodutoras de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os datos refírense concretamente ás poboacións de Gaivota patimarela (Larus michahellis).

Ler máis

Seguimento das poboacións de Zantedeschia aethiopica en parcelas sometidas a tratamentos de eliminación de invasoras aplicados pola empresa TRAGSA no 2018 na Illa de Sálvora

Durante o ano 2018 a empresa TRAGSA levou a cabo unha campaña de control de cala (Zantedeschia aethiopica) na illa de Sálvora, baixo o encargo do PNMTIAG. Durante a campaña probáronse dous métodos de control: a corta frecuente da cala (unha vez ó mes por medio de desbroce) e o arranque dos pés cos seus rizomas. Probouse a efectividade de ambólos dous métodos en 12 parcelas con distintas densidades de cala repartidas ó longo da illa e con tratamentos asignados aleatorizadamente. Mediuse o tamaño das plantas, a súa abundancia e floracón na primavera seguinte e comparouse estatísticamente o resultados dos tratamentos.

Ler máis