Servizo de seguimento dos hábitats costeiros e terrestres. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.


Resumen
Dentro das 1.195 ha terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia recoñecense ate 34 tipos de hábitats naturais e seminaturais incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE que abarcan un amplo espectro de biodiversidade biolóxica característica das áreas litorais da rexión bioxeográfica atlántica. Atópase no espazo delimitado polo Parque unha ampla representación de hábitats característicos de augas mariñas e medios de marea, acantilados costeiros e praias, marismas, dunas marítimas das costas atlánticas, queirogais de zonas temperadas, formacións herbáceas naturais e seminaturais e medios rochosos. O territorio comprendido polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, posúe na actualidade 6 figuras de protección de espazos naturais acorde coa Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Tres de estas figuras corresponden a categorías de Espazos Naturais Protexidos de ámbito nacional ou autonómico (Parque Nacional, Parque Natural, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais), dous de ámbito europeo, vinculadas á Rede Natura 2000 (LIC e ZEPA), e unha a espazos de ámbito internacional, ao ser declarada como zona protexida no marco do Convenio de Oslo- Paris (OSPAR). Os instrumentos que brindan estas categorías de protección (Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e Directiva Aves (DC 209/147/CEE)), así como outras disposicións legais e iniciativas a nivel internacional: Directiva Marco da auga (200/60/CEE); Convention on Biological Diversity (CBD) e Pan-European Biological and Landscape Diversity Strategy (PEBLDS, Sofia 1995); establecen criterios, indicadores e métodos destinados a analizar e avaliar o estado de conservación dos compoñentes da biodiversidade. Neste contexto, a importancia das labouras de seguemento e monitorización do estado de conservación dos hábitats naturais e das especies silvestres de interés comunitario está contemplada no Art. 11 da Directiva Hábitats (92/43/CEE); no que se consideran os traballos de vixiancia como unha obriga cuxos principais resultados deben ser enviados cada 6 anos á Comisión (Art.17). Máis recentemente a Estratexia de Biodiversidade 2020 incluiu asimesmo a monitorización e o seguemento dentro dos seus obxectivos; poñendo de manifesto a necesidade de medir a evolución do estado de conservación dos hábitats e especies de importancia europea para poder alcanzar metas mensurables a este respecto. A mellora e racionalización da vixiancia e a información recompilada contémplase nesta Estratexia co obxetivo de mellorar a dispoñibilidade e o uso dos datos xerados. Na configuración do plan de seguimento que se desenvolveu nos hábitats costeiros e terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, consideráronse como punto de partida, os estándares de monitorización aceptados a nivel internacional, así como os empregados ou adaptados aos obxectivos específicos do Convenio de OSPAR (OSPAR, 2008a,b; 2009a,b, 2010), da Rede Natura 2000 ou dentro de proxectos de seguimento (IGBP, ILTERN, REDOTE), axeitados ás características bioxeográficas, ambientais e territoriais do Parque. Tendo presente a importancia da dispoñibilidade da información xerada no desenvolvemento dos traballos, toda esta recompilouse nunha base de datos xeorreferenciada que facilitase o uso e intercambio da mesma. Na presente memoria final detallaranse os labores realizados durante este período, e os resultados obtidos no complimento dos obxectivos contemplados no plan de seguimento. O obxectivo xeral do presente proxecto é a creación e mantemento dun banco de datos xeo-referenciado para os diversos tipos de hábitats naturais, seminaturais e artificiais que conforman os medios terrestres e costeiros do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que permita avaliar a curto e medio prazo o seu estado de conservación, en relación cos cambios ambientais globais e rexionais, ou coas modificación e perturbacións que se producen a nivel sub-rexional e local. A creación, alimentación e depuración do banco de datos permitirá tanto o análise da situación pretérita e actual dos hábitats, como a modelización dos mesmos no ámbito de escenarios de cambio a curto e medio prazo. A información contida no banco de datos, servirá para cumprimentar a información ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas nas distintas redes temáticas de referencia, e de forma determinante na Long-Term Ecological Research Network (LTER); Red Española de Observaciones Temporales de Ecosistemas (REDOTE); Long-Term Biodiversity, Ecosystem and Awareness Research Network (ALTERnet).

Hábitat
  • Hábitats antrópicos
  • 1110 Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña
  • 1130 Esteiros
  • 1140 Chairas lamacentas ou areosas non cubertos pola auga na baixamar
  • 1150 Lagoas costeiras
  • 1160 Grandes calas e baías pouco fondas
  • 1210 Vexetación anual sobre argazos
  • 1220 Vexetación perenne de coídos
  • 1230 Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
  • 1330 Pasteiros halófilos atlánticos
  • 1420 Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas
  • 2110 Dunas móbiles embrionarias
  • 2120 Dunas móbiles litorais con Ammophila arenaria ("dunas brancas")
  • 2130 Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea ("dunas grises")
  • 2150 Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)
  • 2190 Depresións intradunares húmidas
  • 2230 Dunas con céspedes de Malcomietalia
  • 2260 Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavanduletalia
  • 3110 Augas oligotróficas (Littorelletalia uniflorae).
  • 4020 Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix
  • 4030 Queirogais secos europeos
  • 5230 Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
  • 6220 Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea
  • 6410 Prados con Molinia
  • 6420 Prados húmidos mediterráneos do Molinion-Holoschoenion
  • 6430 Megaforbios éutrofos higrófilos das orlas de chairas
  • 6510 Prados de sega de baixa altitude
  • 7210 Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e especies do Caricion davallianae
  • 8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
  • 8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira
  • 8310 Covas non explotadas polo turismo
  • 8330 Furnas mariñas
  • 91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
  • 9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Q. pyrenaica
  • 2 Dunas marítimas e continentais
  • Acacia melanoxylon
  • Eucalyptus globulus
  • Outras Plantacións Forestais
  • Pinus pinaster

Illas
  • Cíes > Do Faro ou do Medio
  • Cíes > Monteagudo ou do Norte
  • Cíes > San Martiño ou do Sur
  • Cortegada > Cortegada
  • Ons > Ons
  • Ons > Onza ou Onceta
  • Sálvora > Sálvora