A pesca artesanal en Galicia representa unha actividade moi importante dende o
punto de vista económico, social e cultural. As medidas de xestión actual caracterízanse
porque en moitos casos non seguen o coñecemento científico das especies que regulan, en
parte porque moitas veces este é descoñecido. A maragota é un típico exemplo onde a xestión
actual non parece adaptarse á bioloxía da especie. A única medida de xestión en Galicia, e
tamén no resto de Europa, é o establecemento de tallas mínimas de captura. Sen embargo, a
talla establecida de 20 cm en Galicia tampouco esta baseada en estudios científicos na área
xestionada.
Esta tese é motivada pola identificación de carencias importantes no coñecemento da
bioloxía das especies pescadas pola flota artesanal galega. En concreto, seleccionouse esta
especie por se unha das características dos ecosistemas galegos, pola súa importancia nas
descargas e porque a súa dispoñibilidade nas lonxas estaba garantida para levar a cabo unha
mostraxe regular ó longo do tempo.