A presente memoria inclúe os resultados obtidos do proxecto: SEGUIMENTO DOS AMBIENTES SEDIMENTARIOS DA LAGOA DOS NENOS E DO COMPLEXO DUNAR DE MUXIEIRO NO PNMTIAG, encargado polo Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (“unha maneira de facer Europa”). Consta de dous apartados principais:
1-ESTADO AMBIENTAL ACTUAL E SEGUIMENTO DA LAGOA DOS NENOS
2-CARACTERIZACIÓN DAS CONDICIÓNS ACTUAIS DO COMPLEXO DUNAR
A presente memoria inclúe os primeiros resultados obtidos do proxecto: Seguimento dos ambientes sedimentarios da Lagoa dos Nenos e do complexo Dunar de Muxieiro no PNMTIAG, o cal inclúe dous apartados principais:
A- Estado ambiental actual e seguimento da lagoa.
b- Caracterización das condicións actuais do complexo dunar.
Previo á análise dos mesmos, en primeiro lugar preséntanse os resultados de dous aspectos que axudan á contextualización e coñecemento do comportamento dos dous ambientes sedimentarios obxecto de estudo, lagoa dos Nenos e Complexo Dunar, estes son:
1- Análise do clima marítimo
2-Cartografía da zona mediante fotografía aérea.