Baseándonos en dous dos obxectivos principais do Plan Reitor de Uso e Xestión de certos
Parques Nacionais (“Protexer a paisaxe, a integridade da fauna, flora e vexetación autóctona
(…) existentes no Parque” e “Promover a educación ambiental e o coñecemento público dos
valores ecolóxicos e culturais do Parque e o seu significado”), este estudo pretende achegar
luz ao coñecemento das diferentes especies de lepidópteros nocturnos presentes no Parque
Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Cremos que este traballo cumpre coas expectativas de mellorar o coñecemento do medio que
habitualmente promove a Rede de Parques Nacionais. Igualmente trata de profundar e
ampliar no coñecemento acerca da riqueza faunística deste espazo tan singular e pode
servir de base a futuros estudos máis concretos.
Por todo iso, o valor científico da colección entomológica resultante deste traballo é
ineludible e queda en depósito do nomeado Parque Nacional, ben para a súa futura ampliación a través da
realización de estudos similares, ou ben para a súa revisión por parte de calquera
científico ou entomólogo que así o requira.