TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 1 de 1 resultados
Resultados por páxina

Tamaño de la población de Corema album (L.) D. Don (Empetraceae) de las Islas Cíes

O reconto do número de individuos da poboación de Corema album das illas Cíes tentouse noutras dúas ocasións anteriormente. No ano 1991 iniciouse un primeiro censo, chegando a contabilizarse uns 400 individuos. Este primeiro reconto non abarcou toda a área ocupada pola Camariña e tampouco se estimou o número de individuos da poboación en función da porcentaxe de superficie estudada. No ano 1995, co fin de estimar a proporción de sexos desta poboación, fíxose un reconto do número de individuos masculinos e femininos que aparecián ao longo dun transecto duns 5 m de ancho por 300 de longo. Nesta ocasión contáronse un total de 445 individuos (228 masculinos e 217 femininos), e estimouse que nesta poboación (na superficie total ocupada por C. album) o número total de individuos estaría entre 1000 e 2000.

Ler máis