O presente estudo foi plantexado na necesidade de coñecer a composición e a distribución dos pasteiros aerohalófilos na provincia de Pontevedra, non unicamente polo seu interese intrínseco e aplicable á xestión do medio litoral, senón tamén como referencia pra valorar os resultados obtidos nas Cíes e porpor, se procede, novas categorías sintaxonómicas. Ademais, a existencia de especies endémicas das costas do noreste ibéricos, algunhas das cales precisan de medidas de conservación aumentaba o interese en coñecer en detalle a vexetación dos cantís costeiros da provincia e da totalidade do Sector Fitoxeográfico. Toda esta información resulta de aplicación directa na planificación, xestión e ordenamento do Parque Natural das Illas Cíes, do futuro PNMTIAG; doutros espazos propostos como LICs na futura rede europea de espazos naturais “Natura 2.000 e, en xeral, da totalidade do litoral pontevedrés, identificando as zonas de maior relevancia botánica.