Para poder facer unha avaliación da importancia e consecuencias da actividade humana, é preciso primeiro coñece-lo funcionamento da zona. Neste traballo abórdase o estudo do comportamento morfodinámico do complexo praieiro de Rodas, o que axudará a determina-la tendencia evolutiva e grao de estabilidade que presenta na actualidade.
O estudo da evolución do sistema sedimentario estase facendo mediante:
* Perfís topográficos, con frecuencia bimensual
* Topografía da lagoa, en verán e inverno.
* Batimetría da zona sumerxida da praia.
* Análise sedimentolóxica e composicional de mostras recollidas na praia, lagoa e zona sumerxida.
* Batimetría da zona sumerxida da praia.
* Medición empírica da dirección de transporte mediante trazadores.
Durante o ano 2000 comezamo-lo estudo dos Cnidarios bentónicos das Illas Cíes, dentro do proxecto de investigación arriba mencionado, subvencionado pola Universidade de Vigo na súa convocatoria de Axudas á Investigación correspondente ao ano 1999.
Con este estudio preténdese contribuír a un mellor coñecemento da fauna de Cnidarios das Illas Cíes, dado que os únicos datos existentes ata o momento se limitan á sinalización dalgunhas especies de Hidrozoos e Antozoos incluídas en traballos xerais sobre comunidades bentónicas das illas ou sobre Cnidarios de todo o litoral galego.
Ó longo do presente ano realizamos 12 mostraxes repartidas ó longo de todo o perímetro das illas, dos cales 8 corresponden a estacións intermareais e 4 a estacións infralitorais.