Os traballos realizados cumpren os seguintes obxetivos:
-Avaliar os cambios da paisaxe forestal do arquipélago das Illas Cíes a partir da información bibliográfica dispoñible.
-Determinar as características dasométricas, florísticas e fitosanitarias das plantacións forestais e louredais da Illa de Cortegada.
-Análise florístico doutras formacións autóctonas e exóticas de interese.
Dentro das 1.195 ha terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia
recoñecense ate 34 tipos de hábitats naturais e seminaturais incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE que
abarcan un amplo espectro de biodiversidade biolóxica característica das áreas litorais da rexión
bioxeográfica atlántica. Atópase no espazo delimitado polo Parque unha ampla representación de
hábitats característicos de augas mariñas e medios de marea, acantilados costeiros e praias, marismas,
dunas marítimas das costas atlánticas, queirogais de zonas temperadas, formacións herbáceas naturais e
seminaturais e medios rochosos.
O territorio comprendido polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, posúe na
actualidade 6 figuras de protección de espazos naturais acorde coa Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e
da Biodiversidade. Tres de estas figuras corresponden a categorías de Espazos Naturais Protexidos de
ámbito nacional ou autonómico (Parque Nacional, Parque Natural, Zona de Especial Protección dos
Valores Naturais), dous de ámbito europeo, vinculadas á Rede Natura 2000 (LIC e ZEPA), e unha a
espazos de ámbito internacional, ao ser declarada como zona protexida no marco do Convenio de Oslo-
Paris (OSPAR). Os instrumentos que brindan estas categorías de protección (Lei 42/2007 do Patrimonio
Natural e da Biodiversidade, Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e Directiva Aves (DC 209/147/CEE)), así
como outras disposicións legais e iniciativas a nivel internacional: Directiva Marco da auga (200/60/CEE);
Convention on Biological Diversity (CBD) e Pan-European Biological and Landscape Diversity Strategy
(PEBLDS, Sofia 1995); establecen criterios, indicadores e métodos destinados a analizar e avaliar o
estado de conservación dos compoñentes da biodiversidade.
Neste contexto, a importancia das labouras de seguemento e monitorización do estado de conservación
dos hábitats naturais e das especies silvestres de interés comunitario está contemplada no Art. 11 da
Directiva Hábitats (92/43/CEE); no que se consideran os traballos de vixiancia como unha obriga cuxos
principais resultados deben ser enviados cada 6 anos á Comisión (Art.17). Máis recentemente a
Estratexia de Biodiversidade 2020 incluiu asimesmo a monitorización e o seguemento dentro dos seus
obxectivos; poñendo de manifesto a necesidade de medir a evolución do estado de conservación dos
hábitats e especies de importancia europea para poder alcanzar metas mensurables a este respecto. A
mellora e racionalización da vixiancia e a información recompilada contémplase nesta Estratexia co
obxetivo de mellorar a dispoñibilidade e o uso dos datos xerados.
Na configuración do plan de seguimento que se desenvolveu nos hábitats costeiros e terrestres do
Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, consideráronse como punto de partida,
os estándares de monitorización aceptados a nivel internacional, así como os empregados ou adaptados
aos obxectivos específicos do Convenio de OSPAR (OSPAR, 2008a,b; 2009a,b, 2010), da Rede Natura
2000 ou dentro de proxectos de seguimento (IGBP, ILTERN, REDOTE), axeitados ás características
bioxeográficas, ambientais e territoriais do Parque. Tendo presente a importancia da dispoñibilidade da
información xerada no desenvolvemento dos traballos, toda esta recompilouse nunha base de datos
xeorreferenciada que facilitase o uso e intercambio da mesma.
Na presente memoria final detallaranse os labores realizados durante este período, e os resultados
obtidos no complimento dos obxectivos contemplados no plan de seguimento.
O obxectivo xeral do presente proxecto é a creación e mantemento dun banco de datos xeo-referenciado
para os diversos tipos de hábitats naturais, seminaturais e artificiais que conforman os medios terrestres e
costeiros do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que permita avaliar a
curto e medio prazo o seu estado de conservación, en relación cos cambios ambientais globais e
rexionais, ou coas modificación e perturbacións que se producen a nivel sub-rexional e local.
A creación, alimentación e depuración do banco de datos permitirá tanto o análise da situación pretérita e
actual dos hábitats, como a modelización dos mesmos no ámbito de escenarios de cambio a curto e
medio prazo. A información contida no banco de datos, servirá para cumprimentar a información
ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas nas distintas redes temáticas de
referencia, e de forma determinante na Long-Term Ecological Research Network (LTER); Red Española
de Observaciones Temporales de Ecosistemas (REDOTE); Long-Term Biodiversity, Ecosystem and
Awareness Research Network (ALTERnet).