O presente proxecto dá continuidade ao proxecto “Seguimento do estado de conservación das poboacións de morcegos do PNMTIAG I. Mostraxes exploratoria para a determinación do uso do hábitat, da dinámica poboacional e da evolución da abundancia relativa” finalizado no 2011, e ten por obxectivo xeral poñer en práctica o programa de vixilancia do estado de conservación da ensamblaxe de quirópteros do PNMTIAG, establecéndose ademais vínculos coa Rede de seguimento do cambio global impulsada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais.
O presente documento presenta o diagnóstico de xestión do Parque Nacional
Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Desde a redacción en 2005 do
primeiro documento de diagnóstico ( Tragsatec, 2005), a realidade do Parque Nacional
cambiou considerablemente, coa súa transferencia á Xunta de Galicia e a
xeración dun importante volume de información tras sufrir o impacto do
accidente do Prestige, o cal consumiu gran parte dos recursos dispoñibles. Esta situación
facía necesario a análise e a síntese dos novos coñecementos
adquiridos, así como a vinculación de todos eles á xestión do espazo natural.
O documento estrutúrase ao redor de sete grandes capítulos: a) descrición e
valoración do medio natural, b) descrición e valoración do medio cultural, c) usos e
aproveitamentos, d) infraestruturas e instalacións existentes, e) contorna
socioeconómica, f) recursos humanos, e g) xestión e conservación do medio. En base
a todos eles faise unha proposta de zonificación, co único obxectivo de servir
como documento de traballo sobre o cal definir a zonificación final.
Desenvolveuse co dobre obxectivo de dar a coñecer que é o Parque
Nacional a quen desexe ir máis aló do que as guías divulgativas existentes recollen,
pero principalmente o de ser un instrumento de apoio ao xestor no deseño de programas
e na toma de decisións en materia de conservación, documento no
que atope unha síntese da situación actual do Parque Nacional (febreiro de 2009),
e co que poida identificar as interconexións existentes entre os diferentes
valores que acolle entre se e cos usos que nel desenvólvense, así como as súas
complexas relacións coa contorna.
Trátase dun documento de base, que convén ser desenvolto con maior
detalle a diferentes escalas de traballo; e dinámico, que deberá ser adaptado a medida
que se vaian xerando novos coñecementos.
Presenta un longo pero apaixonante camiño de retos en materia de xestión e
manexo de recursos naturais e culturais, brindándose unha gran oportunidade para
conseguir un cambio progresivo de mentalidades, estruturas e formas de facer á
hora de abordar a sempre complicada tarefa de conservar o patrimonio natural.