TRABALLOS


Especies


Escribe unha palabra do taxón a buscar e pulsa ENTER para filtra-los datos

Hábitats


Escribe parte do texto do hábitat e pulsa ENTER para filtra-los datos

Resultados

Amosando de 1 a 2 de 2 resultados
Resultados por páxina

Avaliación dos diferentes fondos da cara oriental do Parque Natural das Illas Cíes

O estudio pretende ser un primeiro achegamento ás case descoñecidas comunidades de organismos que habitan no sublitoral do Parque Natural das Illas Cíes. As mostraxes lévanse a cabo mediante a inmersión de dous mergulladores con escafandra autónoma. Este xeito de mostraxe permite obter un coñecemento visual directo e global de toda a paisaxe submariña, tanto do substrato como da columna de auga. Por outra banda, minimízase o impacto producido sobre os ecosistemas, o que está en concordancia coa filosofía de traballo de investigación dentro dunha zona con protección. A fotografía submariña foi un método de mostraxe complementario usado en tódalas inmersións. Realizáronse fotografías xerais do fondo, co que se obtiveron rexistros da paisaxe (tipo de sedimento, estruturas sedimentarias, cobertura algal, etc.). Tomáronse tamén fotografías ó longo dos transectos para complementar as observacións. Por último este método foi decisivo para a identificación de organismos dificilmente mostrexables ou co fin de evitar unha recollida innecesaria de mostras en casos determinados.

Ler máis

Seguimento das comuniades mariñas presentes na Lagoa dos Nenos

Realízase o seguimento e avaliación do estado de conservación das comunidades, e principais poboacións que se desenvolven na Lagoa dos Nenos. A parir da análise dos datos obtidos e da comparación cos coñecementos conqueridos no ano 2000, preténdese obter unha visión xeral da variación ou estabilidade do ecosistema, e afondar no coñecemento deste enclave de gran fraxilidade e elevado valor ecolóxico, como se derivou no estudio realizado no 2000.

Ler máis