Life-history and behaviour of Labrus bergylta in Galicia.


Resumen
A pesca artesanal en Galicia representa unha actividade moi importante dende o punto de vista económico, social e cultural. As medidas de xestión actual caracterízanse porque en moitos casos non seguen o coñecemento científico das especies que regulan, en parte porque moitas veces este é descoñecido. A maragota é un típico exemplo onde a xestión actual non parece adaptarse á bioloxía da especie. A única medida de xestión en Galicia, e tamén no resto de Europa, é o establecemento de tallas mínimas de captura. Sen embargo, a talla establecida de 20 cm en Galicia tampouco esta baseada en estudios científicos na área xestionada. Esta tese é motivada pola identificación de carencias importantes no coñecemento da bioloxía das especies pescadas pola flota artesanal galega. En concreto, seleccionouse esta especie por se unha das características dos ecosistemas galegos, pola súa importancia nas descargas e porque a súa dispoñibilidade nas lonxas estaba garantida para levar a cabo unha mostraxe regular ó longo do tempo.

Illas
  • Cíes > Do Faro ou do Medio
  • Cíes > San Martiño ou do Sur

Taxonomías
  • Animalia Chordata Actinopterygii Perciformes Labridae Labrus Labrus bergylta

Volver




Arquivos
2013-David Villegas.Life-history and behaviour of labrus bergylta in Galicia.pdf