Seguimento da invasión de cala (Zantedeschia aethiopica) en Sálvora


Descrición

O obxectivo final do proxecto é realiza-lo seguimento da invasión da cala na illa de Sálvora onde a especie ten incrementado de forma espectacular a súa cobertura nas dúas últimas décadas, invadindo todo tipo de hábitats. O seguimento está baseado nunha combinación de censo de campo en 54 parcelas pre-fixadas ó longo e ancho da illa e ortofotomapas desenvolvidos por medio de drons de alta resolución. Para iso se está a desenvolver unha ferramenta automática de clasificación que é capaz de conta-las calas en flor no ortofotomapa de forma automática.

O equipo de eNeBaDa fíxose cargo do proxecto.