Equipo de seguimento de eNeBaDa


Descrición

O equipo da empresa eNeBaDa traballa asiduamente no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia realizando diferentes tarefas por encargo do propio Parque ou da empresa pública TRAGSA. A presenza dos seus integrantes no Parque remóntase á realización do PORN previo á declaración de Parque Nacional e abarcou dende entón labores moi diversas de consultoría (estudio e seguimento de fauna e flora), investigación dende entidades académicas e realización de labores de xestió e planificación relacionadas con especies ameazadas e especies invasoras.

Nos últimos anos os seus traballos veñen referíndose ós seguintes temas:

* Seguimento de flora ameazada.

* Seguimento de rata negra.

* Planificación na xestión e erradicación de especies vexetais invasoras.

* Seguimento das accións de control e erradicación da cala (Zantedeschia aethiopica) en Sálvora.

* Cartografado de vexetación por medio de dróns de alta precisión.

* Seguimento da distribución e abundancia de especies vexetais invasoras na illa de Sálvora por medio de dróns de alta precisión.


 

Os integrantes estables do equipo de eNeBaDa son:

* Asier Rodríguez Larrinaga

* Paula Domínguez Lapido


enebada.eu